domingo, 19 de abril de 2020

LUNS 20-4-2020

Bo día nenos e nenas!
Botámosvos moito de menos! Mando un saúdo e moitos bicos para tódolos nenos e nenas. Sodes uns  e unhas deportistas!
Saúdo para 4º de Educación Infantil:



Saúdo para as nenas e nenos de 6º de Educación Infantil:     

                                         

Tamén mándovos un conto no que tedes que imitar o que fago.



Agora seguide vós xogando a imitar a tódolos animais que coñezades e movédevos por toda a casa.
Cando rematedes seguide estes vídeos divertidos , moitos bicos e moito ánimo deportistas!!!!!!!!!

                                         




jueves, 16 de abril de 2020

VENRES 17-4-2020

Bo día nenos e nenas!
ÁNIMO, UNHA APERTA! BOTÁMOSVOS MOITO DE MENOS!!!!!!!!!!!!!
1. Empezamos cun quencemento, seguide o vídeo. Moito ánimo!



2. Agora un pouquiño de mobilidade articular: pescozo, ombreiros, cóbados, pulsos, cintura, xeonllos, nocellos.



3. Seguimos con 8 exercicios que podedes facer un minuto cada un, e se estades con ganas repetídeos! Ánimo!






4. Agora propóñovos un xogo alternativo que se chama futgolf adaptado para casa:
- Pensa nun obxecto que servirá como o buraco de golf, por exemplo unha cadeira, un caldeiro, etc..Eu puxen un caldeiro.

- Sitúa unha liña de saída nunha parte da casa, a máis alonxada posible ao obxecto que fai de buraco de golf.
- Trátase de meter no menor número de golpes có pé a pelota no buraco. O seguinte tiro faise dende onde quedou a pelota.
- Comeza no lugar onde situaches a saída. E sorte! A xogar! Xa verdes que divertido!

5. Non che esquezas de estirar os teus músculos ao remate de xogar, segue o vídeo! ÁNIMO, UNHA APERTA! BOTÁMOSVOS MOITO DE MENOS!!!!!!!!!!!!!


miércoles, 15 de abril de 2020

XOVES 16-4-2020


Bo día rapazada!
Comezamos cun vídeo divertido onde podemos ver como deixar voar a nosa imaxinación pódenos axudar a facer exercicio nas nosas casas!
  

Agora propóñovos 8 exercicios que podedes facer un minuto cada un , se estades con moitas ganas, repetídeos! Ánimo!

1. Extensión de pernas como se estivérades patinando.
2. Skeeping desprazándovos.
3. Apoiados/as nunha perna extensión de xeonllo.
4. Skeeping coas puntas dos pes sen desprazamento.

5. Apoio da outra perna e extensión de xeonllo.
6. Plancha ou escuadra.
7. Extensión de perna e brazo.
8. Jumping.



Inventade agora un circuito pola casa para facer exercicio: Por exemplo :
1. Unha estación ou zona de saltos cos pes xuntos. Coloca algúns obxectos como pode ser uns libros separados un paso cada un, despois sáltaos cos pes xuntos.
2. Unha estación de plancha ou escuadra(como no exercicio anterior).
3. Unha estación de equilibrio: por exemplo subindo a unha banqueta pequena con moito coidado, exercitando o equilibrio.
Non vos esquezades de estirar os músculos ao rematar de facer exercicio. Ánimo!





martes, 14 de abril de 2020

MÉRCORES 15-4-2020

Bo día nenos e nenas!

1.Propóñovos xogar a un xogo tradicional galego que se chama "O Corno" , vainos axudar a mellorar a nosa puntería. Imos ver as regras e unhas fotos cedidas por Patrimonio Lúdico Galego, quenes buscan que non se perdan os xogos tradicionais:

Materiais:
  • Xiz ou unha cinta adesiva ou unha cordiña.
  • 2 cornos ou latas, caixas de cartón pequenas, botellas, etc ( eu usei 2 botes de deterxente vacíos).
  • 8 pedras, pelotas, latas, botella, chapa, caixas de cartón, etc. 
  • Dinámica de xogo:




    • Xogo de lanzamento de precisión, que se realiza de forma individual, un contra un ou por parellas, nunha habitación, no corredor, na terraza da nosa casa...
    • Antes de comezar o xogo realízase a “sorte” de saber quen será o primeiro en saír e realizar o primeiro lanzamento (podemos empregar o xogo de onte " pedra, papel ou tesoira").
    • O campo de xogo vén dado por dous círculos pequenos duns 10 cm cada un de diámetro, postos en paralelo, a unha distancia de 5 pasos aproximadamente.
    • Cada xogador, cunha pedra, pelota, chapa... na man, metido cos pés nun dos círculos, lanza o seu artefacto cara ao outro círculo, e tenta conseguir que caia dentro. O primeiro que introduce a pedra dentro do círculo comezará o xogo. Cando se xoga en parellas esta acción efectúana ambos os compoñentes do equipo.

    • A partir deste intre, o xogador que obtivo a sorte de meter a pedra no círculo, remata o deseño do terreo de xogo, dando un paso desde ambos os círculos en paralelo e fará unha liña de saída onde estarán depositadas 4 pedras (ou calquera elemento localizado). As pedras estarán colocadas en liña paralela á raia, separadas unha cuarta cada unha delas.
    • Remata o deseño colocando un corno (lata, caixa de cartón pequena, botella, etc.) no centro do círculo. Así remata a primeira parte, o deseño do campo de xogo.
    • O xogador ou xogadora que vai primeiro/a, de pé desde a liña de saída, recolle unha pedra do chan e a lanza coa man dereita ao corno que está situado enfronte del. Se o derruba, gaña un punto, ou senón cero puntos.

    • O mesmo xogador desprázase camiñando ou correndo cara ao corno sobre o que efectuou o lanzamento e recolle unha pedra do chan, e coa man esquerda tenta facer o propio co corno que ten agora á súa fronte. Esta acción de ida e volta realizarase 4 veces dun lado coa man dereita e 4 veces coa man esquerda.
    • Rematada a serie, contabilízanse os impactos realizados. Alternativamente, realízanse os lanzamentos por parte dos xogadores ou xogadoras.
    • Se o lanzador ou lanzadora nalgunha ocasión pisa a liña de saída, este lanzamento quedará eliminado e aínda que impactase no corno, non se contabiliza.
    • O lanzamento para que sexa válido efectuarase coa man ao voo (nunca raseando sobre o chan), de abaixo-arriba, e nunca de arriba-abaixo.
    • O xogador/a ou equipo (parellas) en espera será o encargado de colocar o corno en pé, e terá as pedras lanzadas do contrario no seu poder, para non confundilo.
    • Será o gañador ou gañadora aquel/les (xogador/a ou equipo) que, sumando o total dos seus impactos obtidos nas varias series de lanzamentos, chegue a 21 puntos.
    • 2. Movede un pouquiño o corpo seguindo estes exercicios divertidos.                                                                              
    • 3. Non vos esquezades de estirar os músculos cando rematedes. Ánimo!

lunes, 13 de abril de 2020

MARTES 14- 4-2020

Bo día rapazada, moito ánimo!

1. Imos ver un vídeo e unhas fotos duns xogos tradicionais, así como as regras para xogar a eles. Anímate! Son moi divertidos:
 - O primeiro é "Pedra, papel e tesoira ".
Dinámica de xogo:
  • Por parellas ou en grupo, cantamos simultaneamente “Pedra, papel, tesoira!!!”, e coa man facemos un xesto destas tres cousas.
  • A pedra será a man pechada en puño; o papel a man estendida e a tesoira os dedos índice (furabolos) e o corazón facendo a tesoira.
  • A pedra gaña á tesoira, o papel á pedra, e a tesoira ao papel.
  • Normalmente é un xogo de sortes.
  • Pódese xogar por parellas, por tríos, etc.
  • Atención a algunhas normas: Os xogadores cantan ao mesmo tempo “Pedra, papel, tesoira!!!”, e a man coa que xogan deberá estar nas costas. Debe ser unha acción inmediata e simultánea cando saquen as mans; en caso contrario, repetirase a acción.
  • Podemos xogar un número infinito de veces.
  • Xa o podedes empregar para ver quen comeza nos xogos seguintes.


2.O segundo chámase "Rei Rei" e servirache de quencemento.
Materiais:
  • Un pau, vara, pica ou o mango da vasoira ou fregona.
Dinámica de xogo:

  • Consiste en manter en equilibrio e ir guiando polo espazo o pau colocándoo sobre unha parte do noso corpo.
  • A finalidade é conseguir manter en equilibrio o pau o maior tempo posible.
  • Está prohibido suxeitar coas mans o pau.
  • Podemos probar con diferentes partes do corpo: un dedo da man (como por exemplo co dedo maior, o anular, o índice...), coa palma da man aberta, na fronte, nun pé...
  • E a mesma cantarea que se propón para o xogo que aparece a continuación (o da corda) pode servir para medir os tempos.
  • 3. "Saltar á corda", para iso precisas:
  • Unha corda axeitada (un pouco pesada e o suficientemente longa, para que, ó prendela coas mans polos cabos, toque o chan).
  • Dinámica de xogo:
    • Á corda pode xogar unha persoa soa ou varias. A versión que propoñemos aquí é, en especial, a individual, que pode ser practicada incluso nun corredor da casa.
    • Para saltar á corda hai infinidade de cantareas no repertorio tradicional galego. Propoñemos unha como exemplo, pero o que cómpre é poñer a andar a memoria...
    Rei-rei,
    Cucú-rei,
    cantos anos vivirei? 
    Vinte e cinco, non o sei!
    Un, 
    dous, 
    tres..

4. " Pelexa de galos" , bótalle a alguén da túa familia unha partida a este xogo tan divertido.                            
Dinámica de xogo:                                                    
  • Por parellas, os/as xogadores/as adoptan a posición de crequenas un fronte do outro. Unha vez en posición, o xogo consiste en derrubar o rival empurrando, sen erguernos e mantendo a posición inicial.
  • Podemos facer un pequeno círculo e xogar a sacar do círculo.

5. Por último, bótalle un "pulso indio" a alguén da túa familia.
Dinámica de xogo:                                                        
  • Xógase por parellas. Os/as participantes sitúanse de fronte, colocando o pé dereito cara a adiante e tocando coa parte exterior do mesmo o pé do adversario/a. Danse a man.
  • Unha vez colocados, o xogo consiste en facerlle perder o equilibrio ao contrario. No momento no que un dos participantes mova un dos pés, perde o punto. Podemos xogar ao mellor de 3, de 5...
  • 6. Non te esquezas de relaxarte e estirar os músculos do teu corpo cando remates.



jueves, 2 de abril de 2020

VENRES 3-4-2020

Bo día nenos e nenas!

1. Póñovos un exemplo de como poder facer unha canastra de baloncesto caseira cunha percha.






A miña fíxena máis sinxela cun caldeiro que tiña por casa e unha mesa de praia de taboleiro. Deixa voar a túa imaxinación!



2. Imos quencer un pouquiño con esta canción tan divertida, segue o vídeo!


3. Xa tedes un bo ton muscular, facede agora estes exercicios .


4. Agora propóñovos que fagades un circuito de baloncesto na vosa casa, facede algún creativo, eu douvos un exemplo:
- Primeira estación: móvete botando o balón en zig-zag (pon obstáculos).

- Segunda estación: practica os tiros, podes xogar un 21.
“O 21”: Pon unha marca diante da canastra (será a línea de tiros libres) onde se empeza a tirar a canastra. A primera canastra vale 2 puntos, segues a tirar ata que faies dende a marca que puxeches, as seguintes valen un punto. Cando faies un tiro, se xogas con alguén, tócalle tirar ao compañeiro/a, e o ten que facer dende onde se colle o balón, as canastras valerán 2 puntos. Se mete o/a compañeiro/a, segue tirando dende a marca(tiros libres) e valen 1 punto. Pode xogar un só xogador/a tirando dende onde cae o balón. O xogo finaliza cando se conseguen os 21 puntos. A pasalo ben!!!!



5. Non che esquezas ao rematar de relaxarte e estirar os teus músculos.


miércoles, 1 de abril de 2020

XOVES 2-4-2020



Bo día rapazada!
1. Para empezar con marcha a quencer propóñovos este baile, seguide o vídeo, ánimo!





2. Agora xa estades cun bo ton muscular, seguide agora este vídeo xa veredes que divertido!



3. Agora seguide estes exercicios , ánimo e forza!

    

4. Se podedes imprimir este trivial de Educación Física, seguide o enlace e tedes para imprimir as normas, o taboleiro, e os cartóns para os/as participantes, ánimo é moi divertido! 



5. Por último non che esquezas de relaxarte e estirar os teus músculos!