Bo día rapaciños e rapaciñas! Movemos o corpo seguindo ao pirata Patapalo!
Imos agora con este xogo tan divertido, fai o que ves no vídeo!
Xogo tradicional :
Nome: A RA Materiais:
Unha garrafa de auga.
Pinturas.
Tesoiras e cúter.
Rotuladores ou lapis de cores.
Pegamento ou cola resistente.
Cartón ou folios brancos.
7 tapóns de plástico.
Unha oveira.
Preparación:
Pintamos de verde a garrafa de auga para que semelle unha verdadeira ra. Unha vez seca, facémoslle un furado que será a boca da ra.
Coa oveira facemos os ollos. E cun folio ou cartón debuxamos os pés dunha ra e pintámolos de verde. Por último, pegamos os ollos e os pés da ra.
Para facer os pellos (fichas) necesitamos 7 tapóns de plástico. No interior deles, cun rotulador e un cachiño de folio ou cartón, marcaremos diferentes números, dependendo da idade. Por exemplo: Un de 10, un de 5 , dous de 2 e tres de 1.
Dinámica de xogo:
O obxectivo do xogo da ra é conseguir a máxima puntuación posible despois de lanzar os sete pellos seguidos. Para iso, nesta variante de xogo, tentaremos meter o máximo número de pellos na boca da ra. Unha vez lanzados os sete pellos, sumamos os puntos que quedaron dentro da ra.
O xogo da ra auténtico consta dun moble que ten unha ra, dúas pontes, un muíño e diferentes buratos. Ao meter na boca da ra acadariamos 50 puntos. No muíño, 25. En calquera das pontes 10 e nos furados, 5 puntos. No noso caso, como non dispoñemos desta mesa de xogo, serán os propios pellos os que conteñen esas mesmas puntuacións.
A distancia de lanzamento varía en función da idade das persoas xogadoras, igual que a altura, pois podémola colocar encima dunha cadeira, dun banco, dunha mesa...
Este xogo pódese xogar de forma individual ou por equipos.
Colócanse tres persoas en paralelo, pernas semiflexionadas, os xogadores que se sitúan nos laterais colocan a man que quede no exterior tapando o lado da faciana que queda no interior.
O xogador que queda no medio é o encargado de golpear. Primeiro comeza a realizar sons tipo “buuuuu” e ao mesmo tempo comeza a amagar para logo golpear na man coa que os outros dous compañeiros teñen protexendo a faciana.
No momento en que logre golpear, terá que esquivar o golpe recíproco que lle tentará dar aquel xogador/a ao que golpeou.
O obxectivo é lograr dar labazadas, e tratar de evitalas, respectivamente... sempre sen violencia, claro, só por demostrar máis habilidade e reflexos.
Por último, non te esquezas de estirar os teus músculos.
Un pau, vara, pica ou o mango da vasoira ou fregona.
Dinámica de xogo:
Consiste en manter en equilibrio e ir guiando polo espazo o pau colocándoo sobre unha parte do noso corpo.
A finalidade é conseguir manter en equilibrio o pau o maior tempo posible.
Está prohibido suxeitar coas mans o pau.
Podemos probar con diferentes partes do corpo: un dedo da man (como por exemplo co dedo maior, o anular, o índice...), coa palma da man aberta, na fronte, nun pé...
E a mesma cantarea que se propón para o xogo que aparece a continuación (o da corda) pode servir para medir os tempos.
Bo día rapazada! Imos co quencemento. Segue o vídeo e repíteo 3 veces. Ánimo deportistas!
Agora repite este entrenamento. Empeza polo número 1 e en cada exercicio tes un tempo. Ánimo!
Fai este xogo tradicional tan divertido, empregando os materiais que teñas pola casa.
Nome: O ZURRIAGAZO
Materiais:
Unha táboa de madeira (160 cm de longo por 10 cm de ancho, aprox.).
Dous ladrillos ou tacos de madeira.
Un rotulador ou semellante.
Un metro.
Dous sacos.
Papel de xornal, sacos ou teas.
Preparación:
Colocamos os dous ladrillos ou tacos de madeira separados de tal maneira que a táboa poida apoiar os seus extremos en cada un deles, tal e como se ve nas imaxes.
Medimos cal é a metade da táboa e marcamos cun rotulador.
Enchemos os dous sacos con teas, papel de xornal ou outros sacos, sempre tratando de que ambos teñan o mesmo peso.
Dinámica de xogo:
Os dous xogadores ou xogadoras deberán colocarse enriba da táboa, un ao revés do outro. E non deberán pasar a marca feita co rotulador.
Cando se dea o sinal de inicio, ambos deberán “zurrarse” co saco para conseguir que o contrincante perda o equilibrio e caia fóra da táboa. Só se pode dar da cintura para abaixo, pola tarde de atrás, evitando golpes que poidan facer dano.
Facede agora o circuito de 10 exercicios moi chulos. Empezade polo número 1, facendo Jumping durante 45 segundos, como te marca o reloxo, o seguinte, o número 2 son flexións durante 15 segundos, e así ata chegar ao 10.
mos
Propóñovos este xogo tradicional moi divertido que se pode adaptar aos materiais que haxa por casa.
Nome: O ZURRIAGAZO
Materiais:
Unha táboa de madeira (160 cm de longo por 10 cm de ancho, aprox.).
Dous ladrillos ou tacos de madeira.
Un rotulador ou semellante.
Un metro.
Dous sacos.
Papel de xornal, sacos ou teas.
Preparación:
Colocamos os dous ladrillos ou tacos de madeira separados de tal maneira que a táboa poida apoiar os seus extremos en cada un deles, tal e como se ve nas imaxes.
Medimos cal é a metade da táboa e marcamos cun rotulador.
Enchemos os dous sacos con teas, papel de xornal ou outros sacos, sempre tratando de que ambos teñan o mesmo peso.
Dinámica de xogo:
Os dous xogadores ou xogadoras deberán colocarse enriba da táboa, un ao revés do outro. E non deberán pasar a marca feita co rotulador.
Cando se dea o sinal de inicio, ambos deberán “zurrarse” co saco para conseguir que o contrincante perda o equilibrio e caia fóra da táboa. Só se pode dar da cintura para abaixo, pola tarde de atrás, evitando golpes que poidan facer dano.
Bo día rapazada! Comezamos co quencemento, elixe entre os bailes ou os exercicios.
Imos agora con este entrenamento. Ánimo!
Imos xogar ao "Ollo", un xogo tradicional, podedes empregar canicas ou chapas.
Nome: O OLLO
Materiais:
Chapas de refrescos.
Xiz.
Algún tipo de material (tona de laranxa, plastilina...) para que cada xogador/a faga máis pesada -e manexable- a chapa coa que vai lanzar, chamada "chiripa".
Preparación:
Márcase no chan a forma dun ollo, tal e como aparece nas imaxes.
A unha distancia prudente, e variable segundo a idade dos xogadores/as, márcase tamén a liña de lanzamento.
Cada participante coloca unha chapa no ollo debuxado.
Dinámica de xogo:
Trátase, realmente, dun xogo de bólas ou de chapas. Ao falarmos dun espazo interior, parece máis factible practicalo con chapas.
O xogo ten unha primeira parte que consiste en que os concorrentes lancen a súa chapa desde o ollo cara á liña de lanzamento.
Quen máis cerca quede da liña é a primeira persoa en lanzar, e así sucesivamente, dado que a orde de lanzamento ten certa importancia no desenvolvemento do propio xogo.
Desde a liña de lanzamento, e coa orde preestablecida, cada concorrente vai lanzando a súa "chiripa" contra as chapas situadas no ollo, coa mellor técnica da que sexa capaz.
Se o lanzador/a lle atinou a unha das chapas e a sacou do ollo, quedarase con ela... sempre e cando a "chiripa" saíse tamén do ollo.
Neste caso, segue tirando desde o lugar onde quedou situada a "chiripa". E así ata que non lle atine a ningunha das chapas que aínda queden no ollo.
As chapas, polo tanto, van cambiando de "propietario/a".
Pero, pode suceder que un xogador/a consiga atinarlle á "chiripa" dun dos seus contrincantes. Nese caso, quedarase con todas as chapas que este conseguira, pero non coa súa "chiripa", que é a súa "ferramenta de xogo", realmente.
A partida acaba cando non queden chapas no ollo.
Unha nova partida empezará poñendo cadaquén unha nova chapa en xogo.
Por último, non vos esquezades de estirar os vosos músculos.
Bo día rapazada! Comezamos quencendo un pouquiño con bailes do Fortnite!
Imos agora con estes entrenamentos. Ánimo deportistas!
Agora un xogo tradicional de puntería que pode xogarse con canicas ou chapas. Xa verás que divertido!
Nome: O OLLO
Materiais:
Chapas de refrescos.
Xiz.
Algún tipo de material (tona de laranxa, plastilina...) para que cada xogador/a faga máis pesada -e manexable- a chapa coa que vai lanzar, chamada "chiripa".
Preparación:
Márcase no chan a forma dun ollo, tal e como aparece nas imaxes.
A unha distancia prudente, e variable segundo a idade dos xogadores/as, márcase tamén a liña de lanzamento.
Cada participante coloca unha chapa no ollo debuxado.
Dinámica de xogo:
Trátase, realmente, dun xogo de bólas ou de chapas. Ao falarmos dun espazo interior, parece máis factible practicalo con chapas.
O xogo ten unha primeira parte que consiste en que os concorrentes lancen a súa chapa desde o ollo cara á liña de lanzamento.
Quen máis cerca quede da liña é a primeira persoa en lanzar, e así sucesivamente, dado que a orde de lanzamento ten certa importancia no desenvolvemento do propio xogo.
Desde a liña de lanzamento, e coa orde preestablecida, cada concorrente vai lanzando a súa "chiripa" contra as chapas situadas no ollo, coa mellor técnica da que sexa capaz.
Se o lanzador/a lle atinou a unha das chapas e a sacou do ollo, quedarase con ela... sempre e cando a "chiripa" saíse tamén do ollo.
Neste caso, segue tirando desde o lugar onde quedou situada a "chiripa". E así ata que non lle atine a ningunha das chapas que aínda queden no ollo.
As chapas, polo tanto, van cambiando de "propietario/a".
Pero, pode suceder que un xogador/a consiga atinarlle á "chiripa" dun dos seus contrincantes. Nese caso, quedarase con todas as chapas que este conseguira, pero non coa súa "chiripa", que é a súa "ferramenta de xogo", realmente.
A partida acaba cando non queden chapas no ollo.
Unha nova partida empezará poñendo cadaquén unha nova chapa en xogo.
Por último, non vos esquezades de estirar os músculos cando rematedes de xogar ou entrenar.