martes, 9 de junio de 2020

MARTES 9-6-2020

Bo día rapazada!
Empezamos quencendo. Seguídeme!


Facede agora o circuito de 10 exercicios moi chulos. Empezade polo número 1, facendo Jumping durante 45 segundos, como te marca o reloxo, o seguinte, o número 2 son flexións durante 15 segundos, e así ata chegar ao 10.

mos 


Propóñovos este xogo tradicional moi divertido que se pode adaptar aos materiais que haxa por casa.


Nome:
O ZURRIAGAZO
Materiais:
  • Unha táboa de madeira (160 cm de longo por 10 cm de ancho, aprox.).
  • Dous ladrillos ou tacos de madeira.
  • Un rotulador ou semellante.
  • Un metro.
  • Dous sacos.
  • Papel de xornal, sacos ou teas.
Preparación:
  • Colocamos os dous ladrillos ou tacos de madeira separados de tal maneira que a táboa poida apoiar os seus extremos en cada un deles, tal e como se ve nas imaxes.
  • Medimos cal é a metade da táboa e marcamos cun rotulador.
  • Enchemos os dous sacos con teas, papel de xornal ou outros sacos, sempre tratando de que ambos teñan o mesmo peso.
Dinámica de xogo:
  • Os dous xogadores ou xogadoras deberán colocarse enriba da táboa, un ao revés do outro. E non deberán pasar a marca feita co rotulador.
  • Cando se dea o sinal de inicio, ambos deberán “zurrarse” co saco para conseguir que o contrincante perda o equilibrio e caia fóra da táboa. Só se pode dar da cintura para abaixo, pola tarde de atrás, evitando golpes que poidan facer dano.


Imos cos estiramentos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario