martes, 9 de junio de 2020

LUNS 15-6-2020

Bo día rapaciños e rapaciñas!

Movemos o corpo seguindo ao pirata Patapalo!



Imos agora con este xogo tan divertido, fai o que ves no vídeo!



Xogo tradicional :
Nome:
A RA

Materiais:                   Imagen

  • Unha garrafa de auga.
  • Pinturas.
  • Tesoiras e cúter.
  • Rotuladores ou lapis de cores.
  • Pegamento ou cola resistente.
  • Cartón ou folios brancos.
  • 7 tapóns de plástico.
  • Unha oveira.

Preparación:
  • Pintamos de verde a garrafa de auga para que semelle unha verdadeira ra. Unha vez seca, facémoslle un furado que será a boca da ra.
  • Coa oveira facemos os ollos. E cun folio ou cartón debuxamos os pés dunha ra e pintámolos de verde. Por último, pegamos os ollos e os pés da ra.
  • Para facer os pellos (fichas) necesitamos 7 tapóns de plástico. No interior deles, cun rotulador e un cachiño de folio ou cartón, marcaremos diferentes números, dependendo da idade. Por exemplo: Un de 10, un de 5 , dous de 2 e tres de 1.
Dinámica de xogo:
  • O obxectivo do xogo da ra é conseguir a máxima puntuación posible despois de lanzar os sete pellos seguidos. Para iso, nesta variante de xogo, tentaremos meter o máximo número de pellos na boca da ra. Unha vez lanzados os sete pellos, sumamos os puntos que quedaron dentro da ra.
  • O xogo da ra auténtico consta dun moble que ten unha ra, dúas pontes, un muíño e diferentes buratos. Ao meter na boca da ra acadariamos 50 puntos. No muíño, 25. En calquera das pontes 10 e nos furados, 5 puntos. No noso caso, como non dispoñemos desta mesa de xogo, serán os propios pellos os que conteñen esas mesmas puntuacións.
  • A distancia de lanzamento varía en función da idade das persoas xogadoras, igual que a altura, pois podémola colocar encima dunha cadeira, dun banco, dunha mesa...
  • Este xogo pódese xogar de forma individual ou por equipos. 
Por último imita estas posturas tan divertidas!

                                                         

               Xa rematamos o curso. A bailar!!!!!!!
                                         

No hay comentarios:

Publicar un comentario