martes, 9 de junio de 2020

MÉRCORES 10-6-2020

Bo día rapazada!

Imos co quencemento. Segue o vídeo e repíteo 3 veces. Ánimo deportistas!


Agora repite este entrenamento. Empeza polo número 1 e en cada exercicio tes un tempo. Ánimo!


 Fai este xogo tradicional tan divertido, empregando os materiais que teñas pola casa.


Nome:
O ZURRIAGAZO
Materiais:
  • Unha táboa de madeira (160 cm de longo por 10 cm de ancho, aprox.).
  • Dous ladrillos ou tacos de madeira.
  • Un rotulador ou semellante.
  • Un metro.
  • Dous sacos.
  • Papel de xornal, sacos ou teas.
  • Preparación:
    • Colocamos os dous ladrillos ou tacos de madeira separados de tal maneira que a táboa poida apoiar os seus extremos en cada un deles, tal e como se ve nas imaxes.
    • Medimos cal é a metade da táboa e marcamos cun rotulador.
    • Enchemos os dous sacos con teas, papel de xornal ou outros sacos, sempre tratando de que ambos teñan o mesmo peso.
    Dinámica de xogo:
    • Os dous xogadores ou xogadoras deberán colocarse enriba da táboa, un ao revés do outro. E non deberán pasar a marca feita co rotulador.
    • Cando se dea o sinal de inicio, ambos deberán “zurrarse” co saco para conseguir que o contrincante perda o equilibrio e caia fóra da táboa. Só se pode dar da cintura para abaixo, pola tarde de atrás, evitando golpes que poidan facer dano.


No hay comentarios:

Publicar un comentario