martes, 31 de marzo de 2020

MÉRCORES 1-4-2020


Bo día rapazada!
1.Imos empezar vendo un vídeo de como fabricar as túas propias pelotas de malabares.




2. Podes tamén coller  unhas pelotas de tenis ou obxectos parecidos, pero antes de empezar a xogar imos quencer un pouco seguindo este vídeo. 



3. Agora que tes un bo ton muscular xa podes empezar a xogar! Segue este vídeo sobre iniciación a malabares con dúas pelotas e tenta facelo, ánimo!




4. Agora podes xogar a este parchís de Educación Física (podes copialo nunha cartolina) inventando ti os retos en cada casilla: por exemplo si caes na número 1 fai 3 flexións, na número 2 fai 5 burpies, na número 3 un minuto á plancha, e podes introducir retos de malabares ou outros que se che ocorran moi divertidos. 



5. Por último, nunca che esquezas de relaxarte e estirar os teus músculos, seguindo este vídeo!


lunes, 30 de marzo de 2020

MARTES 31-3-2020


Bo día rapazada!

1.Comezamos con marcha para quencer un pouquiño seguide este baile de zumba!


2. Xa tedes un bo ton muscular, agora podedes tentar seguir o que fan neste vídeo!




3.Inventa un circuito con cualqueira material que teñas en casa, como por exemplo: botellas, coxíns, toallas, pelotas, cadeiras…Deixa voar a túa imaxinación, podes primeiro debuxalo e logo levalo á práctica. 

4.Tes pelotas de tenis ou pádel na casa? Es capaz de…: 
4.1. Darlle 10 golpeos á pelota coas mans sen que caia. 
4.2. Darlle 8 golpeos á pelota coa man menos hábil.
4.3. Darlle 5 veces coa man dereita e 5 veces coa man esquerda sen que caia ao chan. 
4.4. O mesmo que antes… pero co pé. ¿Es capaz? 
4.5. Se tes unha raqueta… ¡proba con ela!

5. Non che esquezas ao remate de relaxarte e estirar os teus músculos, segue este vídeo!








domingo, 29 de marzo de 2020

LUNS 30- 3- 2020


LUNS 30-3-2020

Bo día rapazada! 

Empezamos a semana bailando e pasándoo ben, seguide este vídeo e facede o que vexades nel!



Xa que quentáchedes estades preparadas e preparados para O baile do corpo!!!!!! Fai o que fan estas nenas e estes nenos tan marchosas/os.





Agora podedes xogar á Oca da Educación Física, xa veredes que divertida! (Os máis pequeniños/as poderán facer só un pouquiño de cada exercicio). Podedes pedir axuda e debuxala nun papel ou cartolina. Inventa ti outros retos divertidos en cada número. Ánimo!





Agora máis marcha, segue o vídeo!


Por último, nunca che esquezas de relaxarte e estirar os teus músculos, seguindo a estes animaliños, esta vez toca os de mar!!!





Programa deportivo do Concello de A Coruña para facer actividades deportivas e xogos dende a casa!


PROGRAMA DEPORTIVO "EN LIÑA"



#ActívomeNaCasa #EuQuedoNaCasa #YoMeQuedoEnCasa #MeActivoEnCasa

https://www.coruna.gal/deportes/es/actividades/en-linea

jueves, 26 de marzo de 2020

VENRES 26-3-2020

   Bo día rapazada!


  1.Imos ver a técnica de tiro en baloncesto, fíxate no vídeo!





  2. Imos movernos un pouquiño antes de xogar, para iso     segue este vídeo , ánimo!


3. Proba agora a imitar o vídeo, fíxate no agarre en "T", se podes constrúe na túa casa unha canastra con algún obxecto que teñas: papeleira, cesto, .... e se tes unha pelotiña pequena brandiña ou algo brandiño como un peluche,etc, deixa voar a túa imaxinación!.


 4.  Xogamos a un 21.


“O 21”: Pon unha marca diante da canastra (será a línea de tiros libres) onde se empeza a tirar a canastra. A primera canastra vale 2 puntos, segues a tirar ata que faies dende a marca que puxeches, as seguintes valen un punto. Cando faies un tiro, se xogas con alguén, tócalle tirar ao compañeiro/a, e o ten que facer dende onde se colle o balón, as canastras valerán 2 puntos. Se mete o/a compañeiro/a, segue tirando dende a marca(tiros libres) e valen 1 punto. Pode xogar un só xogador/a tirando dende onde cae o balón. O xogo finaliza cando se conseguen os 21 puntos. A pasalo ben!!!!



5. Non te esquezas de relaxarte e estirar os músculos cando remates de xogar!!!





miércoles, 25 de marzo de 2020

XOVES 26-3-2020


Bo día rapazada!!!

Comeza a Olimpíada Caseira!!!!


A Olimpíada, era un conxunto de probas deportivas que, na antiga Grecia, se realizaban cada catro anos na cidade de Olimpia en honor a Zeus. Nós propoñemos facer as vosas propias probas na casa.


1. En primeiro lugar imos quencer:
Primeiro podes bailar a canción do reto da semana , entra no video de OH NA NA NA e consegue bailala!!!!


 2. Depois segue este video, a quen seguro coñeces e non olvides facer movilidade articular, non te deixes ningunha articulación!!!!

3. Xa estades preparadas e preparados para facer as probas :
Propoñemos cinco, pero vos inventade as que queirades , deixade voar a vosa imaxinación!!!!!!!!
       Proba 1- Tiro de puntería : Elabora unha cunha cartolina, ou papel,ou cartón, etc,  unha diana con puntos ( no centro 100 puntos por exemplo, e vas diminuíndo según te alonxas do centro) tira 5 veces con algo brandiño, unha pelota pequeniña, un peluche..... e suma os puntos, trátase de superar a túa marca persoal!!!!!!
  Proba 2- Salto de lonxitude : cos pes xuntos salta ata onde poidas, anota e mide se podes cun metro o que saltaches, tenta mellorar a túa marca persoal!
  Proba 3 - Salto de altura sen moverte do teu sitio salta o máis alto posible tocando a parede, e tenta mellorar o salto!
  Proba 4- Salto da comba: cunha corda cronometra saltando á comba canto tempo duras sen parar.
 Proba 5- En posición de plancha como fixemos na clase, en posición de flexión pero apoiando os cóbados co corpo estirado cronometra o que aguantas!

 Non te esquezas de estirar os músculos e relaxarte ao remate das probas. Ánimo!!!!! A pásao ben!!!!!




Podes facer unha entrega de premios: construír os teus trofeos por exemplo cubrindo un vaso ou xerra de plástico con papel albal como se fose unha copa, facela cunha botella de plástico, medallas feitas de cartolina......que voe a túa imaxinación!!!!




martes, 24 de marzo de 2020

Mércores 25-3-2020


Bo día rapazada! 
1.Imos ver un vídeo onde se practica o bote de baloncesto.
2. Se tes unha pelota tenta imitar o vídeo, podes botar cunha man, coa outra, entre as pernas. Fai un pequeno circuito pola túa casa. Senón tes pelota podes coller algo brandiño como un peluche e pasalo arredor do teu corpo, das pernas... Emprega a imaxinación!
3. Imos agora a mover un pouco o noso corpo . Ánimo segue o vídeo!

4. Practica agora o reto da semana co baile de OH NA NA NA !
5. E ao remate acórdate de relaxarte e estirar os teus músculos seguindo o vídeo. Estámonos a poñer máis cadrados que Bop Esponxa!!!!!!!!!





lunes, 23 de marzo de 2020

O RETO DA SEMANA!

Consegue bailar Oh na na na coa túa familia!








MARTES 24- 3-2020


Bo día rapazada!
1. Imos ver un vídeo sobre baloncesto!

2.Tentade repetir o que se fai no vídeo cunha pelota que teñas por casa ou cun obxecto o máis parecido posible, que sexa brandiño para non romper nada!  (deixa voar a túa imaxinación!).

3. Agora segue este vídeo para mover un pouco o corpo!


4.Segue deixando voar a túa imaxinación e inventa ti un circuito de exercicios pola túa casa.
5. Por último recorda que sempre temos que relaxarnos ao rematar e estirar os nosos músculos!
Ánimo! A esforzarnos e pasalo ben!





domingo, 22 de marzo de 2020



Luns 23-3-2020
Bo día! Hoxe comezamos con marcha bailando.
Primeiro quenta un pouquiño imitando animais.
Logo baila a tope con Uxía Lambona !
E finalmente volve a relaxarte cos animais.
Pasádeo ben!!!!!!!!!