miércoles, 25 de marzo de 2020

XOVES 26-3-2020


Bo día rapazada!!!

Comeza a Olimpíada Caseira!!!!


A Olimpíada, era un conxunto de probas deportivas que, na antiga Grecia, se realizaban cada catro anos na cidade de Olimpia en honor a Zeus. Nós propoñemos facer as vosas propias probas na casa.


1. En primeiro lugar imos quencer:
Primeiro podes bailar a canción do reto da semana , entra no video de OH NA NA NA e consegue bailala!!!!


 2. Depois segue este video, a quen seguro coñeces e non olvides facer movilidade articular, non te deixes ningunha articulación!!!!

3. Xa estades preparadas e preparados para facer as probas :
Propoñemos cinco, pero vos inventade as que queirades , deixade voar a vosa imaxinación!!!!!!!!
       Proba 1- Tiro de puntería : Elabora unha cunha cartolina, ou papel,ou cartón, etc,  unha diana con puntos ( no centro 100 puntos por exemplo, e vas diminuíndo según te alonxas do centro) tira 5 veces con algo brandiño, unha pelota pequeniña, un peluche..... e suma os puntos, trátase de superar a túa marca persoal!!!!!!
  Proba 2- Salto de lonxitude : cos pes xuntos salta ata onde poidas, anota e mide se podes cun metro o que saltaches, tenta mellorar a túa marca persoal!
  Proba 3 - Salto de altura sen moverte do teu sitio salta o máis alto posible tocando a parede, e tenta mellorar o salto!
  Proba 4- Salto da comba: cunha corda cronometra saltando á comba canto tempo duras sen parar.
 Proba 5- En posición de plancha como fixemos na clase, en posición de flexión pero apoiando os cóbados co corpo estirado cronometra o que aguantas!

 Non te esquezas de estirar os músculos e relaxarte ao remate das probas. Ánimo!!!!! A pásao ben!!!!!




Podes facer unha entrega de premios: construír os teus trofeos por exemplo cubrindo un vaso ou xerra de plástico con papel albal como se fose unha copa, facela cunha botella de plástico, medallas feitas de cartolina......que voe a túa imaxinación!!!!




4 comentarios:

  1. Gracias Antonio, con éstos videos xa casi estou preparado pra as olimpiadas da casa. Un cordial saudo.

    ResponderEliminar
  2. Gracias Antonio, con éstos videos xa casi estou preparado pra as olimpiadas da casa. Un cordial saudo.

    ResponderEliminar
  3. Moitas grazas rapaciños/as me alegra moito, unha aperta e ánimo!

    ResponderEliminar