miércoles, 29 de abril de 2020

XOVES 30-4-2020

Bo día rapazada!
Socorro! Secuestróume o Pirata Sedentarius, que está contra o deporte, o xogo e a vida saudable.




Para poder liberarme tedes que facer as seguintes probas:

1. Empezamos con 5 retos para quencer un pouco.



2. Agora fai o circuito en familia ou podes facelo ti só ou soa. Preme en "circuito en familia", logo preme na pelota grande do centro da imaxe onde están as normas do xogo. Ánimo!

CIRCUITO EN FAMILIA

3. Por último, non te esquezas de estirar os teus músculos cando remates de facer deporte. 


MOITAS GRAZAS POR LIBERARME DO PIRATA SEDENTARIUS!


martes, 28 de abril de 2020

MÉRCORES 29-4-2020

Bo día rapazada!

Primeiro podedes seguir o vídeo do Día do deporte na casa se aínda non o víchedes, é moi divertido.

1. Comezamos co quencemento, seguide o vídeo:



     



2. Agora fai este circuito divertido, pincha nas palabras"circuito en familia" e logo pincha na pelota do centro onde tes as instrucións do xogo.




3. Non vos esquezades de estirar os músculos cando rematedes de xogar. Ánimo!

DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA CASA

Bo día nenos e nenas!
Hoxe é o día da Educación Física na Casa, mirade este vídeo e seguide a esta profe xa veredes que divertido!

Dende COLEF (Consello de Educación Física), anímannos se alguén quere colgar nas redes fotos ou vídeos facendo deporte baixo o hashtag #DEFR2020 #DEFC2020.

lunes, 27 de abril de 2020

MARTES 28-4-2020

Bo día rapazada!
1. Empezamos co quencemento, seguídeme. Ánimo!






2. Agora imos con estes 8 exercicios que vos propoño. Facede un minuto cada un e se estades con forza repetídeos deportistas, ánimo!

 3. Agora propóñovos este xogo a ver cantos toques dades.

4. Acordádevos sempre estirar os músculos ao rematar de xogar.

domingo, 26 de abril de 2020

LUNS 27 DE ABRIL 2020

Bo día rapaciños e rapaciñas!

Un saúdo á clase de 4º de Educación Infantil,de profe Lucía.


Un saúdo á clase de 6º de Educación Infantil A, de profe Lucía.

Un saúdo para a clase de 6º de Educación Infantil B, de profe Bea.

                                        
1.Agora imos mover un pouquiño o corpo, seguindo o que eu faga coa canción de "Fun ao mercado".


2. Fai agora un pouco de exercicio con este xogo. Os/as máis pequeniños con que corran un pouquiño e salten xa chega. Os/as máis maiores poden intentalo. Ánimo deportistas!

3. Logo reláxate un pouquiño seguindo este conto divertido.



jueves, 23 de abril de 2020

VENRES 24-4-2020

Bo día rapazada!

MOITA FORZA E MOITO ÁNIMO!.Procurade mover tódolos días un pouquiño o corpo. 
1.Comezamos a quencer un pouquiño bailando esta canción que sei que a moitos e moitas góstavos.


2. Agora podemos seguir este vídeo de exercicios e de paso practicamos un poquiño de inglés ,que non ven mal. Xa traballarades o número 1, agora imos co número 2.

3. Agora propóñovos un xogo tradicional moi divertido, facédeo con coidado!
Nome:
O ABELLÓN, ou
PUCHEIRO ou CACEROLO

Dinámica de xogo:
  • No xogo trátase de amagar e golpear.
  • Colócanse tres persoas en paralelo, pernas semiflexionadas, os xogadores que se sitúan nos laterais colocan a man que quede no exterior tapando o lado da faciana que queda no interior.
  • O xogador que queda no medio é o encargado de golpear. Primeiro comeza a realizar sons tipo “buuuuu” e ao mesmo tempo comeza a amagar para logo golpear na man coa que os outros dous compañeiros teñen protexendo a faciana.
  • No momento en que logre golpear, terá que esquivar o golpe recíproco que lle tentará dar aquel xogador/a ao que golpeou.
  • O obxectivo é lograr dar labazadas, e tratar de evitalas, respectivamente... sempre sen violencia, claro, só por demostrar máis habilidade e reflexos. 
  • Por último, non te esquezas de estirar os músculos do corpo cando remates de facer deporte. Segue este vídeo. Ánimo!
  •      

miércoles, 22 de abril de 2020

XOVES 23-4-2020

Bo día rapaces e rapazas!
Podedes ver este vídeo divertido: 
Video dos teus profes!!

Agora propóñovos esta busca do tesouro. Pertence á páxina:
www.busqueda-del-tesoro.com 
Aquí podedes atopar xogos divertidos, algúns como este son gratuitos, outros non. Precisades a alguén que esconda as pistas e logo xa estades prepaparados/as para atopar o tesouro, ánimo!
























martes, 21 de abril de 2020

MÉRCORES 22-4-2020

Bo día rapazas e rapaces!
Hoxe propóñovos mover un pouquiño o corpo:

1. Empezamos seguíndome no quencemento.




                                         

2. Facemos agora unha rutina de exercicios, fai un minuto de cada un dos 8 exercicios que propoño, e repíteos! Ánimo! Forza!

                              

                         
                               


3. Xoga a este xogo tradicional galego:
                   
                                Imagen
Nome:
FROITA – FROITA, FÓRA
Materiais:
  • Cinta ou xiz para marcar o chan.
  • Cartón ou folios.
 Preparación:
  • Pintamos no chan seis cadrados iguais. Se non podemos pintar, marcamos os seis cadrados con cinta.
  • En cada un dos cadrados poñemos o nome de diferentes cousas. Por exemplo: froitas, cores, cidades, animais, deportes e emocións. Ou poñede cousas que estedes dando como capitais do mundo, ou cousas divertidas como nomes de cancións ou videoxogos que vos gosten. 
 Dinámica de xogo:
  • Xógase de forma individual. O xogo comézase dando saltos cos dous pés xuntos sobre o primeiro cadrado e dicindo “froitas – froitas, fóra”.
  • Acto seguido percorremos todos os cadrados saltando á pata coxa e dicindo (dúas veces) en cada un deles unha froita distinta. Exemplo: “Froita – froita, fóra. Mazá - mazá, kiwi - kiwi, laranxa - laranxa, fresa - fresa, melón - melón, sandía - sandía”.
  • Non se pode parar a pensar. No caso de non saber que dicir durante o percorrido, perderiamos a quenda e pasaría a xogar a/o seguinte xogador/a.
  • Se non se perde a quenda, pasariamos ao seguinte cadrado. E fariamos o mesmo: “Cores – cores, fóra”. Así ata completar os seis cadrados.
  • Gañará quen realice antes todo o percorrido.



 4. Lembrade estirar sempre os músculos cando rematedes de xogar, podedes seguir este vídeo.       
                  
                  

lunes, 20 de abril de 2020

MARTES 21-4-2020

Bo día rapaces e rapazas!

Hoxe propóñovos xogar a un deporte alternativo,
o "Suavicesto" (feito cun bote de suavizante). 
Mira como se constrúe:
Primeiro, limpa un bote de suavizante vacío e 
córtao deste xeito.



Segundo, corta ben os picos que poidan quedar.


,
Terceiro, poñede unha cinta de seguridade para que non vos cortedes.

Xa o tedes listo para xogar.


Trátase de pasarse unha pelota de tenis, ou de espuma, ou similar, mellor o máis brandiña posible se a tedes, e recollela co "suavicesto".

Pode xogar un só tirando a pelota ao aire ou parede e recolléndoa, dous, a pases, tres, ao can e o gato (sitúase un no medio e os/as outros/as a pasan sen que a colla o/a do medio, se a colle,  o/a que fallou pasa ao medio), ou se sodes máis podedes botar un partido.
Por exemplo, dous contra dous na vosa casa. Se trata de pasar a pelota entre un equipo e o outro tenta collela, se o consegue empeza a pasarse a pelota este equipo ata que lla colla o outro. Animádevos e moi divertido! Cando volvamos xa botaremos unha partida no pavillón ou na pista polideportiva!


domingo, 19 de abril de 2020

LUNS 20-4-2020

Bo día nenos e nenas!
Botámosvos moito de menos! Mando un saúdo e moitos bicos para tódolos nenos e nenas. Sodes uns  e unhas deportistas!
Saúdo para 4º de Educación Infantil:



Saúdo para as nenas e nenos de 6º de Educación Infantil:     

                                         

Tamén mándovos un conto no que tedes que imitar o que fago.



Agora seguide vós xogando a imitar a tódolos animais que coñezades e movédevos por toda a casa.
Cando rematedes seguide estes vídeos divertidos , moitos bicos e moito ánimo deportistas!!!!!!!!!

                                         




jueves, 16 de abril de 2020

VENRES 17-4-2020

Bo día nenos e nenas!
ÁNIMO, UNHA APERTA! BOTÁMOSVOS MOITO DE MENOS!!!!!!!!!!!!!
1. Empezamos cun quencemento, seguide o vídeo. Moito ánimo!



2. Agora un pouquiño de mobilidade articular: pescozo, ombreiros, cóbados, pulsos, cintura, xeonllos, nocellos.



3. Seguimos con 8 exercicios que podedes facer un minuto cada un, e se estades con ganas repetídeos! Ánimo!






4. Agora propóñovos un xogo alternativo que se chama futgolf adaptado para casa:
- Pensa nun obxecto que servirá como o buraco de golf, por exemplo unha cadeira, un caldeiro, etc..Eu puxen un caldeiro.

- Sitúa unha liña de saída nunha parte da casa, a máis alonxada posible ao obxecto que fai de buraco de golf.
- Trátase de meter no menor número de golpes có pé a pelota no buraco. O seguinte tiro faise dende onde quedou a pelota.
- Comeza no lugar onde situaches a saída. E sorte! A xogar! Xa verdes que divertido!

5. Non che esquezas de estirar os teus músculos ao remate de xogar, segue o vídeo! ÁNIMO, UNHA APERTA! BOTÁMOSVOS MOITO DE MENOS!!!!!!!!!!!!!


miércoles, 15 de abril de 2020

XOVES 16-4-2020


Bo día rapazada!
Comezamos cun vídeo divertido onde podemos ver como deixar voar a nosa imaxinación pódenos axudar a facer exercicio nas nosas casas!
  

Agora propóñovos 8 exercicios que podedes facer un minuto cada un , se estades con moitas ganas, repetídeos! Ánimo!

1. Extensión de pernas como se estivérades patinando.
2. Skeeping desprazándovos.
3. Apoiados/as nunha perna extensión de xeonllo.
4. Skeeping coas puntas dos pes sen desprazamento.

5. Apoio da outra perna e extensión de xeonllo.
6. Plancha ou escuadra.
7. Extensión de perna e brazo.
8. Jumping.



Inventade agora un circuito pola casa para facer exercicio: Por exemplo :
1. Unha estación ou zona de saltos cos pes xuntos. Coloca algúns obxectos como pode ser uns libros separados un paso cada un, despois sáltaos cos pes xuntos.
2. Unha estación de plancha ou escuadra(como no exercicio anterior).
3. Unha estación de equilibrio: por exemplo subindo a unha banqueta pequena con moito coidado, exercitando o equilibrio.
Non vos esquezades de estirar os músculos ao rematar de facer exercicio. Ánimo!





martes, 14 de abril de 2020

MÉRCORES 15-4-2020

Bo día nenos e nenas!

1.Propóñovos xogar a un xogo tradicional galego que se chama "O Corno" , vainos axudar a mellorar a nosa puntería. Imos ver as regras e unhas fotos cedidas por Patrimonio Lúdico Galego, quenes buscan que non se perdan os xogos tradicionais:

Materiais:
  • Xiz ou unha cinta adesiva ou unha cordiña.
  • 2 cornos ou latas, caixas de cartón pequenas, botellas, etc ( eu usei 2 botes de deterxente vacíos).
  • 8 pedras, pelotas, latas, botella, chapa, caixas de cartón, etc. 
  • Dinámica de xogo:




    • Xogo de lanzamento de precisión, que se realiza de forma individual, un contra un ou por parellas, nunha habitación, no corredor, na terraza da nosa casa...
    • Antes de comezar o xogo realízase a “sorte” de saber quen será o primeiro en saír e realizar o primeiro lanzamento (podemos empregar o xogo de onte " pedra, papel ou tesoira").
    • O campo de xogo vén dado por dous círculos pequenos duns 10 cm cada un de diámetro, postos en paralelo, a unha distancia de 5 pasos aproximadamente.
    • Cada xogador, cunha pedra, pelota, chapa... na man, metido cos pés nun dos círculos, lanza o seu artefacto cara ao outro círculo, e tenta conseguir que caia dentro. O primeiro que introduce a pedra dentro do círculo comezará o xogo. Cando se xoga en parellas esta acción efectúana ambos os compoñentes do equipo.

    • A partir deste intre, o xogador que obtivo a sorte de meter a pedra no círculo, remata o deseño do terreo de xogo, dando un paso desde ambos os círculos en paralelo e fará unha liña de saída onde estarán depositadas 4 pedras (ou calquera elemento localizado). As pedras estarán colocadas en liña paralela á raia, separadas unha cuarta cada unha delas.
    • Remata o deseño colocando un corno (lata, caixa de cartón pequena, botella, etc.) no centro do círculo. Así remata a primeira parte, o deseño do campo de xogo.
    • O xogador ou xogadora que vai primeiro/a, de pé desde a liña de saída, recolle unha pedra do chan e a lanza coa man dereita ao corno que está situado enfronte del. Se o derruba, gaña un punto, ou senón cero puntos.

    • O mesmo xogador desprázase camiñando ou correndo cara ao corno sobre o que efectuou o lanzamento e recolle unha pedra do chan, e coa man esquerda tenta facer o propio co corno que ten agora á súa fronte. Esta acción de ida e volta realizarase 4 veces dun lado coa man dereita e 4 veces coa man esquerda.
    • Rematada a serie, contabilízanse os impactos realizados. Alternativamente, realízanse os lanzamentos por parte dos xogadores ou xogadoras.
    • Se o lanzador ou lanzadora nalgunha ocasión pisa a liña de saída, este lanzamento quedará eliminado e aínda que impactase no corno, non se contabiliza.
    • O lanzamento para que sexa válido efectuarase coa man ao voo (nunca raseando sobre o chan), de abaixo-arriba, e nunca de arriba-abaixo.
    • O xogador/a ou equipo (parellas) en espera será o encargado de colocar o corno en pé, e terá as pedras lanzadas do contrario no seu poder, para non confundilo.
    • Será o gañador ou gañadora aquel/les (xogador/a ou equipo) que, sumando o total dos seus impactos obtidos nas varias series de lanzamentos, chegue a 21 puntos.
    • 2. Movede un pouquiño o corpo seguindo estes exercicios divertidos.                                                                              
    • 3. Non vos esquezades de estirar os músculos cando rematedes. Ánimo!

lunes, 13 de abril de 2020

MARTES 14- 4-2020

Bo día rapazada, moito ánimo!

1. Imos ver un vídeo e unhas fotos duns xogos tradicionais, así como as regras para xogar a eles. Anímate! Son moi divertidos:
 - O primeiro é "Pedra, papel e tesoira ".
Dinámica de xogo:
  • Por parellas ou en grupo, cantamos simultaneamente “Pedra, papel, tesoira!!!”, e coa man facemos un xesto destas tres cousas.
  • A pedra será a man pechada en puño; o papel a man estendida e a tesoira os dedos índice (furabolos) e o corazón facendo a tesoira.
  • A pedra gaña á tesoira, o papel á pedra, e a tesoira ao papel.
  • Normalmente é un xogo de sortes.
  • Pódese xogar por parellas, por tríos, etc.
  • Atención a algunhas normas: Os xogadores cantan ao mesmo tempo “Pedra, papel, tesoira!!!”, e a man coa que xogan deberá estar nas costas. Debe ser unha acción inmediata e simultánea cando saquen as mans; en caso contrario, repetirase a acción.
  • Podemos xogar un número infinito de veces.
  • Xa o podedes empregar para ver quen comeza nos xogos seguintes.


2.O segundo chámase "Rei Rei" e servirache de quencemento.
Materiais:
  • Un pau, vara, pica ou o mango da vasoira ou fregona.
Dinámica de xogo:

  • Consiste en manter en equilibrio e ir guiando polo espazo o pau colocándoo sobre unha parte do noso corpo.
  • A finalidade é conseguir manter en equilibrio o pau o maior tempo posible.
  • Está prohibido suxeitar coas mans o pau.
  • Podemos probar con diferentes partes do corpo: un dedo da man (como por exemplo co dedo maior, o anular, o índice...), coa palma da man aberta, na fronte, nun pé...
  • E a mesma cantarea que se propón para o xogo que aparece a continuación (o da corda) pode servir para medir os tempos.
  • 3. "Saltar á corda", para iso precisas:
  • Unha corda axeitada (un pouco pesada e o suficientemente longa, para que, ó prendela coas mans polos cabos, toque o chan).
  • Dinámica de xogo:
    • Á corda pode xogar unha persoa soa ou varias. A versión que propoñemos aquí é, en especial, a individual, que pode ser practicada incluso nun corredor da casa.
    • Para saltar á corda hai infinidade de cantareas no repertorio tradicional galego. Propoñemos unha como exemplo, pero o que cómpre é poñer a andar a memoria...
    Rei-rei,
    Cucú-rei,
    cantos anos vivirei? 
    Vinte e cinco, non o sei!
    Un, 
    dous, 
    tres..

4. " Pelexa de galos" , bótalle a alguén da túa familia unha partida a este xogo tan divertido.                            
Dinámica de xogo:                                                    
  • Por parellas, os/as xogadores/as adoptan a posición de crequenas un fronte do outro. Unha vez en posición, o xogo consiste en derrubar o rival empurrando, sen erguernos e mantendo a posición inicial.
  • Podemos facer un pequeno círculo e xogar a sacar do círculo.

5. Por último, bótalle un "pulso indio" a alguén da túa familia.
Dinámica de xogo:                                                        
  • Xógase por parellas. Os/as participantes sitúanse de fronte, colocando o pé dereito cara a adiante e tocando coa parte exterior do mesmo o pé do adversario/a. Danse a man.
  • Unha vez colocados, o xogo consiste en facerlle perder o equilibrio ao contrario. No momento no que un dos participantes mova un dos pés, perde o punto. Podemos xogar ao mellor de 3, de 5...
  • 6. Non te esquezas de relaxarte e estirar os músculos do teu corpo cando remates.