Hoxe propóñovos mover un pouquiño o corpo:
1. Empezamos seguíndome no quencemento.
2. Facemos agora unha rutina de exercicios, fai un minuto de cada un dos 8 exercicios que propoño, e repíteos! Ánimo! Forza!
3. Xoga a este xogo tradicional galego:

Nome:
FROITA – FROITA, FÓRA |
Materiais:
- Cinta ou xiz para marcar o chan.
- Cartón ou folios.
- Pintamos no chan seis cadrados iguais. Se non podemos pintar, marcamos os seis cadrados con cinta.
- En cada un dos cadrados poñemos o nome de diferentes cousas. Por exemplo: froitas, cores, cidades, animais, deportes e emocións. Ou poñede cousas que estedes dando como capitais do mundo, ou cousas divertidas como nomes de cancións ou videoxogos que vos gosten.
- Xógase de forma individual. O xogo comézase dando saltos cos dous pés xuntos sobre o primeiro cadrado e dicindo “froitas – froitas, fóra”.
- Acto seguido percorremos todos os cadrados saltando á pata coxa e dicindo (dúas veces) en cada un deles unha froita distinta. Exemplo: “Froita – froita, fóra. Mazá - mazá, kiwi - kiwi, laranxa - laranxa, fresa - fresa, melón - melón, sandía - sandía”.
- Non se pode parar a pensar. No caso de non saber que dicir durante o percorrido, perderiamos a quenda e pasaría a xogar a/o seguinte xogador/a.
- Se non se perde a quenda, pasariamos ao seguinte cadrado. E fariamos o mesmo: “Cores – cores, fóra”. Así ata completar os seis cadrados.
- Gañará quen realice antes todo o percorrido.
No hay comentarios:
Publicar un comentario