domingo, 31 de mayo de 2020

LUNS 1-6-2020

Bo día rapaciños e rapaciñas!

Seguide a Patapalo e facede os seus movementos. Ánimo piratas!

Agora seguide este conto tan divertido.


jueves, 28 de mayo de 2020

VENRES 29-5-2020

Bo día rapazada!
Empezamos quencendo con bailes de Fortnite. Seguídeos, ánimo!

Agora imos cuns exercicios propostos por Harry Potter, no primeiro vídeo tedes que seguilo, no segundo tedes que escoller entre os dous  exercicios que se propoñen e facelos para pasar de pantalla e continuar a aventura. Ánimo!






Non vos esquezades de estirar os vosos músculos cando rematedes, sen forzar e respirando profundamente. Seguídeme! 

miércoles, 27 de mayo de 2020

XOVES 28-5-2020

Bo día rapazada!

Imos cun quencemento divertido, seguide ao pirata Patapalo!


Agora a entrenar duro, tedes que elixir entre os dous exercicios e facelos para pasar pantalla e continuar a aventura. Seguide os vídeos! Ánimo deportistas!



Ao rematar de xogar ou entrenar, estirade sempre os vosos músculos sen forzar e respirando profundamente. Seguídeme nenos e nenas chicle!!!!!


martes, 26 de mayo de 2020

MÉRCORES 27-5-2020

Bo día nenos e nenas!

Imos cun quencemento divertido, aínda que estea en inglés seguro que o podedes seguir!



Agora imos entrenar duro con Spiderman e Jumanji, escolle entre os dous exercios que  van propoñendo cada vez os vídeos e fainos para pasar de pantalla e seguir a aventura. Ánimo deportistas!



Lembrade sempre ao rematar de xogar ou entrenar estirar os vosos músculos, seguídeme!


lunes, 25 de mayo de 2020

MARTES 26-5-2020

Bo día rapazada!

Imos quencer un pouquiño con esta canción tan divertida, aínda que estea en inglés seguro que a podedes seguir!


Seguide agora o entrenamento dos superheróes e a superheroínas. Tedes que escoller entre os tres exercicios para continuar a aventura. ánimo! 




Non vos esquezades de estirar os músculos ao rematar de entrenar ou de xogar. Seguídeme!

                                     

viernes, 22 de mayo de 2020

LUNS 25-5-2020

Bo día rapazada!

Comezamos coa canción de Queremos Galego que xa a estamos aprendendo. Ánimo forzudas e forzudos!


Agora escoita este conto e fai o que di !


 E por último, segue esta historia e esta canción tan divertida!

jueves, 21 de mayo de 2020

VENRES 22-5-2020

Bo día nenos e nenas!

Quencede un pouquiño coa muiñeria, seguro que xa a dominades, eu estou aprendéndoa, botade uns aturuxos como fago eu. Ánimo gaiteiros e gaiteiras!



Agora imos de aventura, podedes entrenar seguindo a estes superheróes e a estas superheroínas. Escolle entre estes tres exercicios para seguir a aventura, logo repite e vai facendo os outros exercicios que non fixeches. Ánimo superheróes e superheroínas!

                                   

Lembrade estirar os vosos músculos cando rematedes de xogar e de entrenar. Seguídeme deportistas!

                               

miércoles, 20 de mayo de 2020

XOVES 21-5-2020

Bo día rapazada!
Como vai a muñeira? Sabédela xa?
Eu estouna aprendendo!



1. Quencede un pouquiño aprendéndoa!

2. Montamos agora nunha máquina do tempo, dende o baile tradicional que fixéstedes imos ao futuro, seguide este entrenamento elixindo o exercicio entre estes tres para pasar pantalla e seguir a aventura galáctica. Que a forza os acompañe!

3. Agora traballamos un pouco a flexibilidade seguindo a esta nena tan flexible.


martes, 19 de mayo de 2020

MÉRCORES 20-5-2020

Bo día rapazada!


1.Imos quencer coa muñeira que estamos a preparar, xa a dominades? Ánimo a aprender os catro puntos!



2. Propóñovos agora un xogo tradicional:

                                        


Nome:
A GOMA 

Materiais:
  • Unha goma elástica de polo menos 3 m de lonxitude.
  • De faceren falta, dúas cadeiras.
 Preparación:
  • Átanse os dous cabos e xa temos a goma preparada para xogar.
  • De non sermos cando menos tres xogadores/as, será preciso poñer as dúas cadeiras fronte por fronte, para podermos amarrar a goma nelas.
 Dinámica de xogo:
  • Por veces débese saltar a goma, outras veces debémola prender cos pés, estirala e cruzala, outras veces debemos pisala...
  • Para comezar, dúas persoas colócanse unha fronte á outra, mantendo a goma tensa. Suxeitarán a goma con diferentes partes do corpo, a diferentes alturas do chan, tendo as dúas partes da goma paralelas entre si e, á súa vez, paralelas ao chan.
  • Podemos comezar xogando con diferentes alturas, do seguinte xeito:
    • Primeiras: tendo a goma asegurada polos nocellos.
    • Segundas: coa goma nas sofraxes, detrás dos xeonllos.
    • Terceiras: coa goma na cintura.
    • Cuartas: coa goma nos sobacos.
    • Quintas: coa goma na caluga.
    • Sextas: coa goma agarrada polas mans en alto por encima da cabeza.
    • Para complicar o xogo podemos seguir indicando o xeito como debemos saltar: libremente, saltar e deixar os pés quietos ao caer, saltar e caer cos pés xuntos, saltar e caer á pata coxa, saltar cun ollo tapado ou cos dous, saltar a goma que se fai tremer, saltar sen rir, aguantando bromas...
  • Trátase de non perder equilibrio e de non pisar a goma.
  • Cando se erra en calquera fase do xogo débese ceder o posto á seguinte persoa; cando aquel/a xogador/a que errou volva xogar, farao na fase na que errara anteriormente.
  • Unha variante é o remuíño: Comézase tendo a goma na cintura, que sempre se debe agarrar coas mans ao tempo que se salta cos pés. Éntrase por un lado da goma, dicindo “re” (quedando cun pé dentro e outro fóra). Continúase dicindo “mu” (caendo cos dous pés dentro). De seguido dirase “i” (quedando cun pé dentro e o outro fóra polo outro lado do que se entrara). Remátase dicindo “ño” (deixando os dous pés fóra da goma, polo lado contrario ao que se comezara). Despois, vanse variando as alturas e repetindo o xogo.
  • Outra variante é o chocolate: Sáltase á vez que se din as catro sílabas da palabra e colocando os pés do seguinte xeito: “cho” (un pé dentro e outro fóra), “co” (os dous pés dentro), “la” (un pé dentro e outro fóra polo lado contrario ao do comezo) e “te” ( os dous pés fóra polo lado que non se comezara). Tamén nesta modalidade se van variando as alturas.

3.Agora que movíchedes un pouco o corpo, montamos na máquina do tempo e da tradición pasamos ao futuro. Xa podes empezar este entrenamento de Jedi, colle algo que imite a espada e ánimo!

  



 

                        
  




4. Por último, non vos esquezades de estirar os músculos!

                                     


lunes, 18 de mayo de 2020

MARTES 19-5-2020

Bo día rapazada!!!!

1. Hoxe seguimos practicando para quencer estes catro puntos de muiñeira. Veña que xa a tedes!


2. Agora entrenade seguindo estes exercicios. Ánimo deportistas!



3. Seguide agora a esta nena para relaxar os vosos músculos.

domingo, 17 de mayo de 2020

LUNS 18-5-2020

Bo día rapazada!
Onte foi o día das Letras Galegas! Imos bailar esta canción, imitade o que fai o pirata Patapalo! Ánimo!


Agora facede o que fai o pirata Patapalo nesta aventura.


Seguide este vídeo divertido! Ánimo deportistas!!!!!


jueves, 14 de mayo de 2020

VENRES 15-5-2020

Bo día rapazada!

1. Empezamos quencendo e aprendendo a muiñeira! Gaiteiros/as!!!

2.Practica o aturuxo con Maruxa!

APRENDE A BOTAR UN ATURUXO!


3. Fai agora estes exercicios seguindo a Supergirl e Harry Potter!!!




4. Imos cun xogo tradicional moi sinxelo e divertido.
Nome:
A VARILLA
Materiais:
  • Un pau de vasoira ou fregona, ou marcar cunha cinta no chan.
Preparación:
  • Poñeremos no chan, ou ben un pau (varilla), ou ben faremos unha marca cun xiz ou unha cinta.
Dinámica de xogo:
  • O xogo consiste en realizar un salto horizontal a pés xuntos desde a marca (a varilla) e intentar acadar a distancia máis lonxe posible.
  • A saída efectúase sen carreira previa, desde a posición de parada/o.
  • Gañará quen consiga saltar máis lonxe.
  • Os pés teñen que ir xuntos durante o salto, e ao aterrar no chan non se pode caer cara a atrás. De ser así, sería un salto non válido. A caída ten que ser sempre cara a adiante. 
5. Cando rematedes de xogar non vos esquezades de estirar os músculos.

miércoles, 13 de mayo de 2020

XOVES 14-5-2020

Bo día rapazada!
1.Aproxímase o día das letras galegas, 17 de maio, o reto desta semana é aprender os pasos desta muiñeira. Quencede un pouquiño aprendéndoa! Ánimo gaiteiros/as!


2.Premede aquí e aprendede tamén a botar un aturuxo, xa veredes que divertido!

APRENDE A BOTAR UN ATURUXO!


3. Un pouco de exercicio para ter unha boa condición física. Ánimo gaiteiros/as!






4. Propóñovos agora un xogo tradicional:
Nome:
O COBOLETE

                            

Materiais:
  • 3 paus de vasoira ou fregona.
Preparación:
  • Necesitamos poñer os tres paus de vasoira a tres alturas diferentes.
  • As alturas son: a 1ª atópase desde sentadas no chan, a 2ª desde xeonllos no chan, e a 3ª desde de pé.
  • Dependendo da idade, as alturas poden variar. Pódense poñer máis baixas e, incluso, en lugar de utilizar tres paus de vasoira, chegaría con dous.
  • Hai que agarrar polos extremos os paus para suxeitalos. No caso de que nos falten persoas para poder xogar, podemos empregar banquetas, cadeiras, caixas ou outros obxectos de diferentes alturas como libros, etc.
Dinámica de xogo:
  • O xogo consiste en saltar cos pés xuntos dunha altura a outra sen parar e sen alternar as alturas.
  • Pódese saltar de fronte ou de lado.
  • Gañará quen consiga facer o percorrido máis veces sen parar. 
5. Non vos esquezades de estirar os músculos cando rematedes de xogar.


martes, 12 de mayo de 2020

MÉRCORES 13-5-2020

Bo día rapazada!
1.Chega o día das letras galegas pronto, o 17 de maio. Propóñovos de reto para esta semana aprender esta muiñeira. Empezade a quencer con ela.




2. Segue a Batman e fai estes exercicios, ánimo!


3. Seguídeme agora a min deportistas!.


4. Propóñovos estes xogos de loita divertidos con alguén da vosa familia.
5. Non vos esquezades de estirar os músculos cando rematedes de xogar.

lunes, 11 de mayo de 2020

MARTES 12-5-2020

Bo día rapazada!
1. Empezamos cunha canción divertida, movede un pouco o corpo e bailade!


2. Seguídeme agora con estes exercicios. Ánimo deportistas!

3. Imos cun xogo con pelota, bótalle unha partida a alguén da túa familia, podes adaptalo ti cunha corda en círculo, cunha cinta, ou con algún elemento que te inventes!


4. Por último, non vos esquezades de estirar os músculos cando rematedes de xogar. Unha aperta!!!

domingo, 10 de mayo de 2020

LUNS 11-5-2020

Bo día rapazada!

Hoxe empezamos a mover un pouquiño o corpo con estas cancións divertidas, imita os bailes, ánimo!



Agora podes xogar a este o xogo, os/as máis pequeniños/as con cores ou debuxos, e os/as máis maiores con números ou letras.

Relaxádevos agora un pouquiño imitando este vídeo. Seguide o que fan. Ánimo deportistas!


miércoles, 6 de mayo de 2020

VENRES 8-5-2020

Bo día rapazada!

1. Imos coa danza africana tan divertida. Aínda que estea en inglés, seguide o video é moi sinxelo só tedes que seguir á profe, fixádevos na percusión que sei que vos gosta!







2. Facede agora o circuito de 10 exercicios moi chulos. Empezade polo número 1, facendo Jumping durante 45 segundos, como te marca o reloxo, o seguinte, o número 2 son flexións durante 15 segundos, e así ata chegar ao 10.



3.  Preme agora neste enlace e xoga este xogo xa verás que divertido. Preme no dado e te dirá o que sacaches. Logo move as fichas e preme en cada casilla terás unha proba que superar.

SIGUE EL CIRCUITO CON PRUEBAS


4. Estira os teus músculos cando remates de xogar. Ánimo deportistas!

XOVES 7-5-2020

Bo día nenos e nenas!

1. Como sei que vos encantan os tambores, hoxe imos comezar quencendo con esta danza africana tan divertida!
Aínda que estea en inglés, seguide o video é moi sinxelo só tedes que seguir á profe, fixádevos na percusión que sei que vos gosta!


2. Facede agora o circuito de 10 exercicios moi chulos. Empezade polo número 1, facendo Jumping durante 45 segundos, como te marca o reloxo, o seguinte, o número 2 son flexións durante 15 segundos, e así ata chegar ao 10.



3.  Preme agora neste enlace e xoga este xogo xa verás que divertido. Preme no dado e te dirá o que sacaches. Logo move as fichas e preme en cada casilla terás unha proba que superar.

SIGUE EL CIRCUITO CON PRUEBAS

4. Estira os teus músculos cando remates de xogar. Ánimo deportistas!



martes, 5 de mayo de 2020

MÉRCORES 6-5-2020

Bo día rapazas e rapaces!

1. Comezamos hoxe vendo un vídeo de tres rapazas Norah, Yarah e Rosa que bailan xenial.


2. Quencede un pouquiño seguindo estes pasos de hip-hop. Ánimo é divertido!.

3. Agora facede este circuito de 10 exercicios moi chulos. Empezade polo número 1, facendo Jumping durante 45 segundos, como te marca o reloxo, o seguinte, o número 2 son flexións durante 15 segundos, e así ata chegar ao 10.



4. Preme agora neste enlace e xoga este xogo xa verás que divertido. Preme no dado e te dirá o que sacaches. Logo move as fichas e preme en cada casilla terás unha proba que superar.

SIGUE EL CIRCUITO CON PRUEBAS

5. Estira os teus músculos cando remates de xogar. Ánimo deportistas!


lunes, 4 de mayo de 2020

MARTES 5- 5- 2020

Bo día rapazada!

Hoxe propóñovos unhas probas baseadas nas películas da Guerra das Galaxias.



1.NUNHA GALAXIA MOI LONXANA......

Para comenzar a proba tedes que ir dende un punto da vosa casa a outro punto o máis lonxano posible.
MATERIAL: DOUS COXÍNS DE CASA
Material alternativo: dous folios ou dúas
camisetas sucias.
Actividade: tedes que ir pisando encima dun coxín, logo
poñer o outro coxín diante e pisar sobre ese, despois coller o coxín que está atrás e poñelo diante e pisar sobre el e así
sucesivamente ata chegar ao outro punto que puxéchedes.
Podedes realizarlo varias veces e controlar o tempo
que tardades.

2. A AMEAZA FANTASMA

Seredes os fantasmas da casa.
MATERIAL: TOALLA OU SIMILAR
Actividade: Tedes que xogar ao escondite pola casa poñendo a toalla por riba e cronometrar o tempo que tardan en encontrarvos, se podes intercambiar os roles con algún familiar.
- Gatea e roda pola casa, faite invisible e difícil de atopar.

3.  O ATAQUE DOS CLONS


Alguén da familia que xogue con vós e o tedes que mirar como a un espello.Tedes que colocarvos de fronte e imitar os seus movementos. Unha vez cada uno/ha.
Despois mirádevos fixamente sen pestanexar, o/a último/a que pestanexe será o gañador/a.Tedes 5 oportunidades para gañar.


4. A VENGANZA DOS SITH


Encesta máis que ninguén.
MATERIAL: PAPELEIRA, PELOTAS PEQUENAS
Material alternativo: calquiera caixa, pelotas de papel, bonecos,...
Actividade: tedes que poñer unha papeleira ou unha caixa  nunha parede da vosa habitación e dende a outra parede tedes que tirar unha pelota pequena ou outro obxecto como se xogarades ao baloncesto.Tirade 10 tiros e anotade
os que encestades. Podedes realizalo varias veces.

5. LA GUERRA DE LAS GALAXIAS


Móvete e non pares, é a “guerra” do gym na casa.
Bodycardio.
Toca mover o esqueleto.
Actividade: Tedes que colocarvos nun lugar no que teñades algo de espacio se é posible.
Realizade estes movementos. Toma o tempo que aguantas facéndoos.
Estes son os pasos:
1. Calentamiento, estirar nocellos, pernas e brazos.
2. Saltos a pes xuntos.
3. Saltos á pata coxa.
4. Sentadillas.
5. Skipping. Podedes ver este vídeo:



6. Saltos, abrir e pechar pernas e elevación de brazos.


6. EL RETORNO DEL JEDI


Convertiraste no mestre Yoda e farás estes estiramentos relaxantes.