martes, 19 de mayo de 2020

MÉRCORES 20-5-2020

Bo día rapazada!


1.Imos quencer coa muñeira que estamos a preparar, xa a dominades? Ánimo a aprender os catro puntos!



2. Propóñovos agora un xogo tradicional:

                                        


Nome:
A GOMA 

Materiais:
  • Unha goma elástica de polo menos 3 m de lonxitude.
  • De faceren falta, dúas cadeiras.
 Preparación:
  • Átanse os dous cabos e xa temos a goma preparada para xogar.
  • De non sermos cando menos tres xogadores/as, será preciso poñer as dúas cadeiras fronte por fronte, para podermos amarrar a goma nelas.
 Dinámica de xogo:
  • Por veces débese saltar a goma, outras veces debémola prender cos pés, estirala e cruzala, outras veces debemos pisala...
  • Para comezar, dúas persoas colócanse unha fronte á outra, mantendo a goma tensa. Suxeitarán a goma con diferentes partes do corpo, a diferentes alturas do chan, tendo as dúas partes da goma paralelas entre si e, á súa vez, paralelas ao chan.
  • Podemos comezar xogando con diferentes alturas, do seguinte xeito:
    • Primeiras: tendo a goma asegurada polos nocellos.
    • Segundas: coa goma nas sofraxes, detrás dos xeonllos.
    • Terceiras: coa goma na cintura.
    • Cuartas: coa goma nos sobacos.
    • Quintas: coa goma na caluga.
    • Sextas: coa goma agarrada polas mans en alto por encima da cabeza.
    • Para complicar o xogo podemos seguir indicando o xeito como debemos saltar: libremente, saltar e deixar os pés quietos ao caer, saltar e caer cos pés xuntos, saltar e caer á pata coxa, saltar cun ollo tapado ou cos dous, saltar a goma que se fai tremer, saltar sen rir, aguantando bromas...
  • Trátase de non perder equilibrio e de non pisar a goma.
  • Cando se erra en calquera fase do xogo débese ceder o posto á seguinte persoa; cando aquel/a xogador/a que errou volva xogar, farao na fase na que errara anteriormente.
  • Unha variante é o remuíño: Comézase tendo a goma na cintura, que sempre se debe agarrar coas mans ao tempo que se salta cos pés. Éntrase por un lado da goma, dicindo “re” (quedando cun pé dentro e outro fóra). Continúase dicindo “mu” (caendo cos dous pés dentro). De seguido dirase “i” (quedando cun pé dentro e o outro fóra polo outro lado do que se entrara). Remátase dicindo “ño” (deixando os dous pés fóra da goma, polo lado contrario ao que se comezara). Despois, vanse variando as alturas e repetindo o xogo.
  • Outra variante é o chocolate: Sáltase á vez que se din as catro sílabas da palabra e colocando os pés do seguinte xeito: “cho” (un pé dentro e outro fóra), “co” (os dous pés dentro), “la” (un pé dentro e outro fóra polo lado contrario ao do comezo) e “te” ( os dous pés fóra polo lado que non se comezara). Tamén nesta modalidade se van variando as alturas.

3.Agora que movíchedes un pouco o corpo, montamos na máquina do tempo e da tradición pasamos ao futuro. Xa podes empezar este entrenamento de Jedi, colle algo que imite a espada e ánimo!

  



 

                        
  




4. Por último, non vos esquezades de estirar os músculos!

                                     


No hay comentarios:

Publicar un comentario