miércoles, 13 de mayo de 2020

XOVES 14-5-2020

Bo día rapazada!
1.Aproxímase o día das letras galegas, 17 de maio, o reto desta semana é aprender os pasos desta muiñeira. Quencede un pouquiño aprendéndoa! Ánimo gaiteiros/as!


2.Premede aquí e aprendede tamén a botar un aturuxo, xa veredes que divertido!

APRENDE A BOTAR UN ATURUXO!


3. Un pouco de exercicio para ter unha boa condición física. Ánimo gaiteiros/as!






4. Propóñovos agora un xogo tradicional:
Nome:
O COBOLETE

                            

Materiais:
  • 3 paus de vasoira ou fregona.
Preparación:
  • Necesitamos poñer os tres paus de vasoira a tres alturas diferentes.
  • As alturas son: a 1ª atópase desde sentadas no chan, a 2ª desde xeonllos no chan, e a 3ª desde de pé.
  • Dependendo da idade, as alturas poden variar. Pódense poñer máis baixas e, incluso, en lugar de utilizar tres paus de vasoira, chegaría con dous.
  • Hai que agarrar polos extremos os paus para suxeitalos. No caso de que nos falten persoas para poder xogar, podemos empregar banquetas, cadeiras, caixas ou outros obxectos de diferentes alturas como libros, etc.
Dinámica de xogo:
  • O xogo consiste en saltar cos pés xuntos dunha altura a outra sen parar e sen alternar as alturas.
  • Pódese saltar de fronte ou de lado.
  • Gañará quen consiga facer o percorrido máis veces sen parar. 
5. Non vos esquezades de estirar os músculos cando rematedes de xogar.


No hay comentarios:

Publicar un comentario