jueves, 14 de mayo de 2020

VENRES 15-5-2020

Bo día rapazada!

1. Empezamos quencendo e aprendendo a muiñeira! Gaiteiros/as!!!

2.Practica o aturuxo con Maruxa!

APRENDE A BOTAR UN ATURUXO!


3. Fai agora estes exercicios seguindo a Supergirl e Harry Potter!!!




4. Imos cun xogo tradicional moi sinxelo e divertido.
Nome:
A VARILLA
Materiais:
  • Un pau de vasoira ou fregona, ou marcar cunha cinta no chan.
Preparación:
  • Poñeremos no chan, ou ben un pau (varilla), ou ben faremos unha marca cun xiz ou unha cinta.
Dinámica de xogo:
  • O xogo consiste en realizar un salto horizontal a pés xuntos desde a marca (a varilla) e intentar acadar a distancia máis lonxe posible.
  • A saída efectúase sen carreira previa, desde a posición de parada/o.
  • Gañará quen consiga saltar máis lonxe.
  • Os pés teñen que ir xuntos durante o salto, e ao aterrar no chan non se pode caer cara a atrás. De ser así, sería un salto non válido. A caída ten que ser sempre cara a adiante. 
5. Cando rematedes de xogar non vos esquezades de estirar os músculos.

2 comentarios: