martes, 14 de abril de 2020

MÉRCORES 15-4-2020

Bo día nenos e nenas!

1.Propóñovos xogar a un xogo tradicional galego que se chama "O Corno" , vainos axudar a mellorar a nosa puntería. Imos ver as regras e unhas fotos cedidas por Patrimonio Lúdico Galego, quenes buscan que non se perdan os xogos tradicionais:

Materiais:
  • Xiz ou unha cinta adesiva ou unha cordiña.
  • 2 cornos ou latas, caixas de cartón pequenas, botellas, etc ( eu usei 2 botes de deterxente vacíos).
  • 8 pedras, pelotas, latas, botella, chapa, caixas de cartón, etc. 
  • Dinámica de xogo:




    • Xogo de lanzamento de precisión, que se realiza de forma individual, un contra un ou por parellas, nunha habitación, no corredor, na terraza da nosa casa...
    • Antes de comezar o xogo realízase a “sorte” de saber quen será o primeiro en saír e realizar o primeiro lanzamento (podemos empregar o xogo de onte " pedra, papel ou tesoira").
    • O campo de xogo vén dado por dous círculos pequenos duns 10 cm cada un de diámetro, postos en paralelo, a unha distancia de 5 pasos aproximadamente.
    • Cada xogador, cunha pedra, pelota, chapa... na man, metido cos pés nun dos círculos, lanza o seu artefacto cara ao outro círculo, e tenta conseguir que caia dentro. O primeiro que introduce a pedra dentro do círculo comezará o xogo. Cando se xoga en parellas esta acción efectúana ambos os compoñentes do equipo.

    • A partir deste intre, o xogador que obtivo a sorte de meter a pedra no círculo, remata o deseño do terreo de xogo, dando un paso desde ambos os círculos en paralelo e fará unha liña de saída onde estarán depositadas 4 pedras (ou calquera elemento localizado). As pedras estarán colocadas en liña paralela á raia, separadas unha cuarta cada unha delas.
    • Remata o deseño colocando un corno (lata, caixa de cartón pequena, botella, etc.) no centro do círculo. Así remata a primeira parte, o deseño do campo de xogo.
    • O xogador ou xogadora que vai primeiro/a, de pé desde a liña de saída, recolle unha pedra do chan e a lanza coa man dereita ao corno que está situado enfronte del. Se o derruba, gaña un punto, ou senón cero puntos.

    • O mesmo xogador desprázase camiñando ou correndo cara ao corno sobre o que efectuou o lanzamento e recolle unha pedra do chan, e coa man esquerda tenta facer o propio co corno que ten agora á súa fronte. Esta acción de ida e volta realizarase 4 veces dun lado coa man dereita e 4 veces coa man esquerda.
    • Rematada a serie, contabilízanse os impactos realizados. Alternativamente, realízanse os lanzamentos por parte dos xogadores ou xogadoras.
    • Se o lanzador ou lanzadora nalgunha ocasión pisa a liña de saída, este lanzamento quedará eliminado e aínda que impactase no corno, non se contabiliza.
    • O lanzamento para que sexa válido efectuarase coa man ao voo (nunca raseando sobre o chan), de abaixo-arriba, e nunca de arriba-abaixo.
    • O xogador/a ou equipo (parellas) en espera será o encargado de colocar o corno en pé, e terá as pedras lanzadas do contrario no seu poder, para non confundilo.
    • Será o gañador ou gañadora aquel/les (xogador/a ou equipo) que, sumando o total dos seus impactos obtidos nas varias series de lanzamentos, chegue a 21 puntos.
    • 2. Movede un pouquiño o corpo seguindo estes exercicios divertidos.                                                                              
    • 3. Non vos esquezades de estirar os músculos cando rematedes. Ánimo!

2 comentarios: