lunes, 13 de abril de 2020

MARTES 14- 4-2020

Bo día rapazada, moito ánimo!

1. Imos ver un vídeo e unhas fotos duns xogos tradicionais, así como as regras para xogar a eles. Anímate! Son moi divertidos:
 - O primeiro é "Pedra, papel e tesoira ".
Dinámica de xogo:
  • Por parellas ou en grupo, cantamos simultaneamente “Pedra, papel, tesoira!!!”, e coa man facemos un xesto destas tres cousas.
  • A pedra será a man pechada en puño; o papel a man estendida e a tesoira os dedos índice (furabolos) e o corazón facendo a tesoira.
  • A pedra gaña á tesoira, o papel á pedra, e a tesoira ao papel.
  • Normalmente é un xogo de sortes.
  • Pódese xogar por parellas, por tríos, etc.
  • Atención a algunhas normas: Os xogadores cantan ao mesmo tempo “Pedra, papel, tesoira!!!”, e a man coa que xogan deberá estar nas costas. Debe ser unha acción inmediata e simultánea cando saquen as mans; en caso contrario, repetirase a acción.
  • Podemos xogar un número infinito de veces.
  • Xa o podedes empregar para ver quen comeza nos xogos seguintes.


2.O segundo chámase "Rei Rei" e servirache de quencemento.
Materiais:
  • Un pau, vara, pica ou o mango da vasoira ou fregona.
Dinámica de xogo:

  • Consiste en manter en equilibrio e ir guiando polo espazo o pau colocándoo sobre unha parte do noso corpo.
  • A finalidade é conseguir manter en equilibrio o pau o maior tempo posible.
  • Está prohibido suxeitar coas mans o pau.
  • Podemos probar con diferentes partes do corpo: un dedo da man (como por exemplo co dedo maior, o anular, o índice...), coa palma da man aberta, na fronte, nun pé...
  • E a mesma cantarea que se propón para o xogo que aparece a continuación (o da corda) pode servir para medir os tempos.
  • 3. "Saltar á corda", para iso precisas:
  • Unha corda axeitada (un pouco pesada e o suficientemente longa, para que, ó prendela coas mans polos cabos, toque o chan).
  • Dinámica de xogo:
    • Á corda pode xogar unha persoa soa ou varias. A versión que propoñemos aquí é, en especial, a individual, que pode ser practicada incluso nun corredor da casa.
    • Para saltar á corda hai infinidade de cantareas no repertorio tradicional galego. Propoñemos unha como exemplo, pero o que cómpre é poñer a andar a memoria...
    Rei-rei,
    Cucú-rei,
    cantos anos vivirei? 
    Vinte e cinco, non o sei!
    Un, 
    dous, 
    tres..

4. " Pelexa de galos" , bótalle a alguén da túa familia unha partida a este xogo tan divertido.                            
Dinámica de xogo:                                                    
  • Por parellas, os/as xogadores/as adoptan a posición de crequenas un fronte do outro. Unha vez en posición, o xogo consiste en derrubar o rival empurrando, sen erguernos e mantendo a posición inicial.
  • Podemos facer un pequeno círculo e xogar a sacar do círculo.

5. Por último, bótalle un "pulso indio" a alguén da túa familia.
Dinámica de xogo:                                                        
  • Xógase por parellas. Os/as participantes sitúanse de fronte, colocando o pé dereito cara a adiante e tocando coa parte exterior do mesmo o pé do adversario/a. Danse a man.
  • Unha vez colocados, o xogo consiste en facerlle perder o equilibrio ao contrario. No momento no que un dos participantes mova un dos pés, perde o punto. Podemos xogar ao mellor de 3, de 5...
  • 6. Non te esquezas de relaxarte e estirar os músculos do teu corpo cando remates.



No hay comentarios:

Publicar un comentario