jueves, 26 de marzo de 2020

VENRES 26-3-2020

   Bo día rapazada!


  1.Imos ver a técnica de tiro en baloncesto, fíxate no vídeo!





  2. Imos movernos un pouquiño antes de xogar, para iso     segue este vídeo , ánimo!


3. Proba agora a imitar o vídeo, fíxate no agarre en "T", se podes constrúe na túa casa unha canastra con algún obxecto que teñas: papeleira, cesto, .... e se tes unha pelotiña pequena brandiña ou algo brandiño como un peluche,etc, deixa voar a túa imaxinación!.


 4.  Xogamos a un 21.


“O 21”: Pon unha marca diante da canastra (será a línea de tiros libres) onde se empeza a tirar a canastra. A primera canastra vale 2 puntos, segues a tirar ata que faies dende a marca que puxeches, as seguintes valen un punto. Cando faies un tiro, se xogas con alguén, tócalle tirar ao compañeiro/a, e o ten que facer dende onde se colle o balón, as canastras valerán 2 puntos. Se mete o/a compañeiro/a, segue tirando dende a marca(tiros libres) e valen 1 punto. Pode xogar un só xogador/a tirando dende onde cae o balón. O xogo finaliza cando se conseguen os 21 puntos. A pasalo ben!!!!



5. Non te esquezas de relaxarte e estirar os músculos cando remates de xogar!!!





No hay comentarios:

Publicar un comentario