Comezamos co quencemento, elixe entre os bailes ou os exercicios.
Imos agora con este entrenamento. Ánimo!
Imos xogar ao "Ollo", un xogo tradicional, podedes empregar canicas ou chapas.


Nome:
O OLLO |
Materiais:
Preparación:
Dinámica de xogo:
- Chapas de refrescos.
- Xiz.
- Algún tipo de material (tona de laranxa, plastilina...) para que cada xogador/a faga máis pesada -e manexable- a chapa coa que vai lanzar, chamada "chiripa".
Preparación:
- Márcase no chan a forma dun ollo, tal e como aparece nas imaxes.
- A unha distancia prudente, e variable segundo a idade dos xogadores/as, márcase tamén a liña de lanzamento.
- Cada participante coloca unha chapa no ollo debuxado.
Dinámica de xogo:
- Trátase, realmente, dun xogo de bólas ou de chapas. Ao falarmos dun espazo interior, parece máis factible practicalo con chapas.
- O xogo ten unha primeira parte que consiste en que os concorrentes lancen a súa chapa desde o ollo cara á liña de lanzamento.
- Quen máis cerca quede da liña é a primeira persoa en lanzar, e así sucesivamente, dado que a orde de lanzamento ten certa importancia no desenvolvemento do propio xogo.
- Desde a liña de lanzamento, e coa orde preestablecida, cada concorrente vai lanzando a súa "chiripa" contra as chapas situadas no ollo, coa mellor técnica da que sexa capaz.
- Se o lanzador/a lle atinou a unha das chapas e a sacou do ollo, quedarase con ela... sempre e cando a "chiripa" saíse tamén do ollo.
- Neste caso, segue tirando desde o lugar onde quedou situada a "chiripa". E así ata que non lle atine a ningunha das chapas que aínda queden no ollo.
- As chapas, polo tanto, van cambiando de "propietario/a".
- Pero, pode suceder que un xogador/a consiga atinarlle á "chiripa" dun dos seus contrincantes. Nese caso, quedarase con todas as chapas que este conseguira, pero non coa súa "chiripa", que é a súa "ferramenta de xogo", realmente.
- A partida acaba cando non queden chapas no ollo.
- Unha nova partida empezará poñendo cadaquén unha nova chapa en xogo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario