jueves, 2 de abril de 2020

VENRES 3-4-2020

Bo día nenos e nenas!

1. Póñovos un exemplo de como poder facer unha canastra de baloncesto caseira cunha percha.






A miña fíxena máis sinxela cun caldeiro que tiña por casa e unha mesa de praia de taboleiro. Deixa voar a túa imaxinación!



2. Imos quencer un pouquiño con esta canción tan divertida, segue o vídeo!


3. Xa tedes un bo ton muscular, facede agora estes exercicios .


4. Agora propóñovos que fagades un circuito de baloncesto na vosa casa, facede algún creativo, eu douvos un exemplo:
- Primeira estación: móvete botando o balón en zig-zag (pon obstáculos).

- Segunda estación: practica os tiros, podes xogar un 21.
“O 21”: Pon unha marca diante da canastra (será a línea de tiros libres) onde se empeza a tirar a canastra. A primera canastra vale 2 puntos, segues a tirar ata que faies dende a marca que puxeches, as seguintes valen un punto. Cando faies un tiro, se xogas con alguén, tócalle tirar ao compañeiro/a, e o ten que facer dende onde se colle o balón, as canastras valerán 2 puntos. Se mete o/a compañeiro/a, segue tirando dende a marca(tiros libres) e valen 1 punto. Pode xogar un só xogador/a tirando dende onde cae o balón. O xogo finaliza cando se conseguen os 21 puntos. A pasalo ben!!!!



5. Non che esquezas ao rematar de relaxarte e estirar os teus músculos.


miércoles, 1 de abril de 2020

XOVES 2-4-2020



Bo día rapazada!
1. Para empezar con marcha a quencer propóñovos este baile, seguide o vídeo, ánimo!





2. Agora xa estades cun bo ton muscular, seguide agora este vídeo xa veredes que divertido!



3. Agora seguide estes exercicios , ánimo e forza!

    

4. Se podedes imprimir este trivial de Educación Física, seguide o enlace e tedes para imprimir as normas, o taboleiro, e os cartóns para os/as participantes, ánimo é moi divertido! 



5. Por último non che esquezas de relaxarte e estirar os teus músculos!





martes, 31 de marzo de 2020

MÉRCORES 1-4-2020


Bo día rapazada!
1.Imos empezar vendo un vídeo de como fabricar as túas propias pelotas de malabares.




2. Podes tamén coller  unhas pelotas de tenis ou obxectos parecidos, pero antes de empezar a xogar imos quencer un pouco seguindo este vídeo. 



3. Agora que tes un bo ton muscular xa podes empezar a xogar! Segue este vídeo sobre iniciación a malabares con dúas pelotas e tenta facelo, ánimo!




4. Agora podes xogar a este parchís de Educación Física (podes copialo nunha cartolina) inventando ti os retos en cada casilla: por exemplo si caes na número 1 fai 3 flexións, na número 2 fai 5 burpies, na número 3 un minuto á plancha, e podes introducir retos de malabares ou outros que se che ocorran moi divertidos. 



5. Por último, nunca che esquezas de relaxarte e estirar os teus músculos, seguindo este vídeo!


lunes, 30 de marzo de 2020

MARTES 31-3-2020


Bo día rapazada!

1.Comezamos con marcha para quencer un pouquiño seguide este baile de zumba!


2. Xa tedes un bo ton muscular, agora podedes tentar seguir o que fan neste vídeo!




3.Inventa un circuito con cualqueira material que teñas en casa, como por exemplo: botellas, coxíns, toallas, pelotas, cadeiras…Deixa voar a túa imaxinación, podes primeiro debuxalo e logo levalo á práctica. 

4.Tes pelotas de tenis ou pádel na casa? Es capaz de…: 
4.1. Darlle 10 golpeos á pelota coas mans sen que caia. 
4.2. Darlle 8 golpeos á pelota coa man menos hábil.
4.3. Darlle 5 veces coa man dereita e 5 veces coa man esquerda sen que caia ao chan. 
4.4. O mesmo que antes… pero co pé. ¿Es capaz? 
4.5. Se tes unha raqueta… ¡proba con ela!

5. Non che esquezas ao remate de relaxarte e estirar os teus músculos, segue este vídeo!








domingo, 29 de marzo de 2020

LUNS 30- 3- 2020


LUNS 30-3-2020

Bo día rapazada! 

Empezamos a semana bailando e pasándoo ben, seguide este vídeo e facede o que vexades nel!



Xa que quentáchedes estades preparadas e preparados para O baile do corpo!!!!!! Fai o que fan estas nenas e estes nenos tan marchosas/os.





Agora podedes xogar á Oca da Educación Física, xa veredes que divertida! (Os máis pequeniños/as poderán facer só un pouquiño de cada exercicio). Podedes pedir axuda e debuxala nun papel ou cartolina. Inventa ti outros retos divertidos en cada número. Ánimo!





Agora máis marcha, segue o vídeo!


Por último, nunca che esquezas de relaxarte e estirar os teus músculos, seguindo a estes animaliños, esta vez toca os de mar!!!





Programa deportivo do Concello de A Coruña para facer actividades deportivas e xogos dende a casa!


PROGRAMA DEPORTIVO "EN LIÑA"



#ActívomeNaCasa #EuQuedoNaCasa #YoMeQuedoEnCasa #MeActivoEnCasa

https://www.coruna.gal/deportes/es/actividades/en-linea

jueves, 26 de marzo de 2020

VENRES 26-3-2020

   Bo día rapazada!


  1.Imos ver a técnica de tiro en baloncesto, fíxate no vídeo!





  2. Imos movernos un pouquiño antes de xogar, para iso     segue este vídeo , ánimo!


3. Proba agora a imitar o vídeo, fíxate no agarre en "T", se podes constrúe na túa casa unha canastra con algún obxecto que teñas: papeleira, cesto, .... e se tes unha pelotiña pequena brandiña ou algo brandiño como un peluche,etc, deixa voar a túa imaxinación!.


 4.  Xogamos a un 21.


“O 21”: Pon unha marca diante da canastra (será a línea de tiros libres) onde se empeza a tirar a canastra. A primera canastra vale 2 puntos, segues a tirar ata que faies dende a marca que puxeches, as seguintes valen un punto. Cando faies un tiro, se xogas con alguén, tócalle tirar ao compañeiro/a, e o ten que facer dende onde se colle o balón, as canastras valerán 2 puntos. Se mete o/a compañeiro/a, segue tirando dende a marca(tiros libres) e valen 1 punto. Pode xogar un só xogador/a tirando dende onde cae o balón. O xogo finaliza cando se conseguen os 21 puntos. A pasalo ben!!!!



5. Non te esquezas de relaxarte e estirar os músculos cando remates de xogar!!!