miércoles, 10 de junio de 2020

VENRES 19-6-2020

Bo día rapazada! Xa rematamos o curso! Un pouco de entrenamento e a bailar!!!!!!!!!!





XOVES 18-6-2020

Bo día rapazada!


Rematamos o curso! Un pouquiño de entrenamento e a bailar!!!!!



MÉRCORES 17-6-2020

Bo día rapazada!

Imos quencer un pouquiño. Repite o vídeo 3 veces, ánimo!


Imos agora con este entrenamento, segue os vídeos!



Por último estira os teus músculos sen forzar!


MARTES 16-6-2020

Bo día rapazada!

Imos quencer un pouquiño. Segue o vídeo e repíteo 3 veces. Ánimo!



Escolle que exercicio derrota ao villano e faino. 



Non te esquezas ao remate de xogar ou entrenar estirar os teus músculos.


martes, 9 de junio de 2020

LUNS 15-6-2020

Bo día rapaciños e rapaciñas!

Movemos o corpo seguindo ao pirata Patapalo!



Imos agora con este xogo tan divertido, fai o que ves no vídeo!



Xogo tradicional :
Nome:
A RA

Materiais:                   Imagen

  • Unha garrafa de auga.
  • Pinturas.
  • Tesoiras e cúter.
  • Rotuladores ou lapis de cores.
  • Pegamento ou cola resistente.
  • Cartón ou folios brancos.
  • 7 tapóns de plástico.
  • Unha oveira.

Preparación:
  • Pintamos de verde a garrafa de auga para que semelle unha verdadeira ra. Unha vez seca, facémoslle un furado que será a boca da ra.
  • Coa oveira facemos os ollos. E cun folio ou cartón debuxamos os pés dunha ra e pintámolos de verde. Por último, pegamos os ollos e os pés da ra.
  • Para facer os pellos (fichas) necesitamos 7 tapóns de plástico. No interior deles, cun rotulador e un cachiño de folio ou cartón, marcaremos diferentes números, dependendo da idade. Por exemplo: Un de 10, un de 5 , dous de 2 e tres de 1.
Dinámica de xogo:
  • O obxectivo do xogo da ra é conseguir a máxima puntuación posible despois de lanzar os sete pellos seguidos. Para iso, nesta variante de xogo, tentaremos meter o máximo número de pellos na boca da ra. Unha vez lanzados os sete pellos, sumamos os puntos que quedaron dentro da ra.
  • O xogo da ra auténtico consta dun moble que ten unha ra, dúas pontes, un muíño e diferentes buratos. Ao meter na boca da ra acadariamos 50 puntos. No muíño, 25. En calquera das pontes 10 e nos furados, 5 puntos. No noso caso, como non dispoñemos desta mesa de xogo, serán os propios pellos os que conteñen esas mesmas puntuacións.
  • A distancia de lanzamento varía en función da idade das persoas xogadoras, igual que a altura, pois podémola colocar encima dunha cadeira, dun banco, dunha mesa...
  • Este xogo pódese xogar de forma individual ou por equipos. 
Por último imita estas posturas tan divertidas!

                                                         

               Xa rematamos o curso. A bailar!!!!!!!
                                         

VENRES 12-6-2020

Bo día deportistas!

Imos co quencemento! Segue o vídeo e repíteo 3 veces.


Imos con este entrenamento. Preme neste enlace e ánimo! 

CIRCUITO EN FAMILIA

Xoga agora a este xogo tradicional tan divertido!

Nome:
O ABELLÓN
PUCHEIRO CACEROLO


Dinámica de xogo:
  • No xogo trátase de amagar e golpear.
  • Colócanse tres persoas en paralelo, pernas semiflexionadas, os xogadores que se sitúan nos laterais colocan a man que quede no exterior tapando o lado da faciana que queda no interior.
  • O xogador que queda no medio é o encargado de golpear. Primeiro comeza a realizar sons tipo “buuuuu” e ao mesmo tempo comeza a amagar para logo golpear na man coa que os outros dous compañeiros teñen protexendo a faciana.
  • No momento en que logre golpear, terá que esquivar o golpe recíproco que lle tentará dar aquel xogador/a ao que golpeou.
  • O obxectivo é lograr dar labazadas, e tratar de evitalas, respectivamente... sempre sen violencia, claro, só por demostrar máis habilidade e reflexos.
  • Por último, non te esquezas de estirar os teus músculos.